Cabanas, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabanas
Igrexa de San Miguel de Cabanas.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°59′02″N 8°42′39″O / 42.9839, -8.7108Coordenadas: 42°59′02″N 8°42′39″O / 42.9839, -8.7108
Área5,17 km²
Poboación180 hab. (2016)
Densidade34,82 hab./km²
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Cabanas[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2015 tiña 185 habitantes (104 mulleres e 81 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.

Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai un asentamento castrexo no lugar do Fondón, ao sur da parroquia de Cabanas. O seu estado de conservación é moi malo por mor da actividade agrícola sobre a súa superficie e pola construción dunha granxa. Tan só é visible un parapeto de forma semicircular na parte leste do xacemento.

Tamén hai constancia dun túmulo megalítico, a mámoa do Campo de Pozo, aínda que o seu volume foi moi rebaixado como consecuencia da plantación de eucaliptos.[2]

Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]

A parroquia de San Miguel aparece como parroquia matriz co anexo de O Barro dende finais do século XIX. Orixinalmente a igrexa albergaba mostras de arte maior con imaxes da Nosa Señora, San Bartolomeu, San Roque, San Miguel, San Pedro e San Paulo, mais as obras de construción dun novo templo realizadas no ano 1943 provocaron a desaparición destas imaxes e doutros elementos que non encaixaban nas dimensións do novo templo. A igrexa actual foi inaugurada no 1950, engadíndolle a torre algún tempo despois. Paralelamente construíuse a casa reitoral e o centro sociocultural da parroquia.

Arquitectura popular[editar | editar a fonte]

Muíños[3][editar | editar a fonte]

Están todos no arroio de Cabanas, moían dous meses no ano por falta de auga.

Existen tres muíños de canle:

  • o de Paco, que é de Mateo de Pazo e consortes.
  • o de Lage, de Juán de Insua e consortes.
  • o dos Barreiros, de Antonio Turnes e consortes.

e un muíño de cubo:

  • o do Cubo, de Felipe Díaz e consortes.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Sábado entre o 16 e o 22 de xullo: Santa Isabel.
  • Domingo entre o 16 e o 22 de xullo: O Carme.
  • Última fin de semana de setembro: San Miguel.
  • 2ª fin de semana de outubro: O Rosario.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cabanas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cabanas no concello da Baña (A Coruña)

Cabanas | Guimaráns | A Igrexa | O Pazo

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]