Olga Fedorovna de Baden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olga Feodorovna pintada por Franz Xaver Winterhalter. O retrato orixinal destruiuse na Segunda Guerra Mundial.

Gran duquesa Olga Feodorovna de Baden (Karlsruhe, 20 de setembro de 1839 - Kharkiv, Ucraína 12 de abril de 1891), nacida como Icía Augusta de Baden, filla do gran duque Leopoldo I de Baden e de Sofía de Suecia. Casou o 28 de agosto de 1857 con Miguel Nicolaievich de Rusia, fillo do emperador Nicolao I de Rusia e tomou o nome de Olga Feodorovna ao se converter á fe ortodoxa. Tiveron sete fillos:

  1. Gran duque Nicolao Mikhailovich de Rusia (1859-1919)
  2. Gran duquesa Anastasia Mikhailovna de Rusia (1860-1922)
  3. Gran duque Miguel Mikhailovich de Rusia (1861-1929)
  4. Gran duque Xurxo Mikhailovich de Rusia (1863-1919)
  5. Gran duque Alexandre Mikhailovich de Rusia (1866-1933)
  6. Gran duque Sergei Mikhailovich de Rusia (1869-1918)
  7. Gran duque Alexei Mikhailovich de Rusia (1875 - 1895)