Oles Berdnyk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOles Berdnyk

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(uk) Олександр Павлович Бердник Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Vavylove, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de marzo de 2003 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Grebeni, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Ucraína Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , escritor de ciencia ficción , Disidencia , ensaísta , guionista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoFicción especulativa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMyroslava Berdnyk (en) Traducir, Q12081996 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webberdnyk.com.ua Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0073448 WikiTree: Бердник-1 Editar o valor em Wikidata

Olexandr (Oles) Berdnik, nado en Vavilov o 27 de novembro de 1926 e finado en Hrebeni o 18 de marzo de 2003, foi un activista social e escritor de ciencia ficción e fantasía ucraíno, un dos membros fundadores do Grupo Ucraíno de Helsinqui [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu nunha aldea do distrito de Snihurivka nunha familia campesiña, ao rexistralo o encargado púxolle o ano errado, 1927, e iso evitou que o enviasen a Alemaña durante a ocupación. Entre 1943 e 1945, durante a segunda guerra mundial loitou co exército soviético e resultou ferido. Desmobilizado en 1946 continuou os seus estudos de secundaria 19461949e logo estudou dramaturxia na escola do Teatro Ivo Frank en Kíiv.

En 1949 durante a campaña contra o cosmopolitismo nunha asemblea no teatro amosouse crítico coa dirección do teatro e as autoridades detivérono acusado de traizón. Sentenciado a dez anos de cárcere en 1950, cumpriu parte da súa pena en Komi e Casaquistán. En 1953 intentou escapar e condenárono a dez anos máis. Saíu en 1955 por "arrepentimento"[2]. Volveu a Ucraína, e comezou a escribir, ingresou na Unión de Escritores de Ucraína en 1957 e converteuse nun escritor popular de ciencia ficción, publicando numerosas novelas, novelas curtas e libros de relatos ata 1972, tamén foi coguionista do filme de ciencia ficción Mechte navstrechu (1957).

Disidencia[editar | editar a fonte]

En abril de 1972 nun rexistro no apartamento de Mykola Rudenko, onde vivía Oles Berdnyk, o KGB incautou unha copia de "Інтернаціоналізм чи русифікація? ", obra do disidente Ivan Dziuba, e dúas máquinas de escribir. O 28 de abril Oles Berdnik principiou unha unha folga de fame, que duraría 16 días, esixindo a volta do incautado. Logrou manter unha xuntanza co primeiro secretario do Comité Central do Partido Comunista de Ucraína P. Shelest, quen lle pediu desculpas, pero dixo que o partido non podía interferir nas actividades do KGB. O 14 de maio de 1972 devolvéronlle a máquina de escribir, mais Berdnik non puido volver publicar. A partir de 1974 Oles Berdnik pediu permiso para deixar a URSS. En agosto de 1976 retiráronse as súas obras das bibliotecas e librerías ao tempo que o expulsaban da Unión de Escritores.

No outono de 1976 Berdnik xunto con Mykola Rudenko, Oksana Mieszko Levko Lukyanenko creou o Grupo Ucraíno de Helsinqui, para monitorizar o cumprimento polo goberno soviético dos Acordos de Helsinqui sobre dereitos humanos. Entre finais de 1976 e a súa detención o 6 de marzo de 1979 escribiu ou participou na sinatura de ducias de cartas e informes para evitar a detención de activistas dos dereitos humanos. Tras a súa detención por "axitación e propaganda antisoviética" comezou unha folga de fame. O 21 de decembro de 1979 a xustiza condenouno a 6 anos de prisión nun campo de traballo e 3 anos de exilio.O 16 de maio de 1980 ingresou no campamento VS-389/36, localizado na rexión de Perm. O 14 de marzo de 1984 un decreto indultouno e o 17 de maio de 1984 no xornal «Літературна Україна» apareceu un artigo no que Berdnik indicaba estar arrependito, afirmaba que o grupo de Helsinqui fora unha creación da CIA e denunciaba os seus antigos colaboradores[3].

Actividades sociais[editar | editar a fonte]

En 1987 Berdnik fundou a organización pública Zorianii klyuch, para a preservación dos valores espirituais dos pobos. Foi director dende o 16 de decembro de 1989 da asociación humanista República Espiritual Ucraína.

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Шляхи титанів (1959)
  • Стріла Часу (1960)
  • Хто ти? (1963)
  • Діти Безмежжя (1964)
  • Подвиг Вайвасвати (1967)
  • Чаша Амріти (1968)
  • Зоряний корсар (1971)
  • Лабіринт Мінотавра (1972)
  • Вогнесміх (1988)
  • Пітьма вогнища не розпалює… (1993)
  • Камертон Дажбога (1996)

Novelas curtas[editar | editar a fonte]

  • Поза часом і простором (1957)
  • Законсервована планета (1957)
  • Людина без серця (1957, en colaboración con Jurij Bedsyk)
  • За чарівною квіткою (1958)
  • Привид іде по Землі (1959)
  • Серце Всесвіту (1961)
  • Катастрофа (1962)
  • Подорож в антисвіт (1962)
  • Сини Світовида (1962)
  • Радістю перейдемо безодні (1964)
  • Вогняний вершник (1967)
  • Мати (1967)
  • Розбиваю громи (1967)
  • Дике поле (1968)
  • Покривало Ізіди (1968)
  • Хто зважиться — вогняним наречеться (1969)
  • На вогні святому спалимо розлуку (1990)

Coleccións de relatos[editar | editar a fonte]

  • Поєдинок на астероїді (1957)
  • Психологічний двійник (1957)
  • 10 хвилин у майбутньому (1959)
  • Марсіанські «зайці» (1960)
  • Зустрічі над прірвою (1963)
  • Подвиг у просторі (1964)
  • Кохана з майбутнього (1965)
  • Остання битва (1965)
  • Потоплені роки (1965)
  • Хор елементів (1965)
  • Дві безодні (1967)
  • Космічна казка (1970)
  • Сузір’я Зелених Риб (1975)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ivan Katchanovski, Zenon E. Kohut, Bohdan Y. Nebesioe Myroslav Yurkevich (2013) Historical Dictionary of Ukraine Scarecrow Press, 2ª ed., p. 670
  2. Проти вітру. Спогади дружини українського політв'язня. Видання друге зі змінами й доповненнями — Харків: Права людини, 2012. — 288 с. С. 183—182
  3. Irina Ratushinskaya (2016) Grey is the Colour of Hope Hachette UK, p. 343