Obsolescencia programada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A obsolescencia programada (tamén chamada obsolescencia planificada) é unha práctica empresarial consistente na determinación, planificación ou programación da fin da vida útil dun produto ou servizo de modo que se volva obsoleto, non funcional, inútil ou inservible tras un período de tiempo calculado de antemán.

Características[editar | editar a fonte]

A programación da obsolescencia por parte do fabricante ou empresa ten lugar durante a fase de deseño do produto ou servizo. A obsolescencia programada ten un potencial considerable e cuantificable para beneficiar ao fabricante, dado que o produto vai fallar nalgún momento, obrigando á persoa consumidora a adquirir, xa sexa do mesmo proveedor ou dunha empresa da competencia, mediante a compra dun modelo máis novo similar ao anterior.

Para a industria, a obsolescencia programada estimula positivamente a demanda alentando ao sector consumidor a mercar de forma artificialmente acelerada novos produtos se desexa seguir utilizándoos[1].

Existe o risco dunha reacción adversa por parte do sector consumidor ao descubrir que o fabricante promoveu durante o deseño que o produto se volvese obsoleto máis rapidamente, facendo que os consumidores cambien á competencia, baseando a elección na durabilidade e calidade do produto.

A obsolescencia programada é efectiva nunha alta diversidade de produtos[2]. Foi desenvolvida por vez primeira na década de 1920, cando a produción en masa empezaba a forxar un novo modelo de mercado, no que a análise detallada de cada parte do mesmo pasou a ser un factor fundamental para acadar o éxito.

A elección de fabricar produtos que se volvan obsoletos de maneira premeditada pode influír enormemente na decisión de certa empresa sobre a arquitectura interna de produción. Así, a compañía ten que sopesar se utilizar compoñentes tecnolóxicos máis baratos satisface ou non a proxección de vida útil que están interesados en darlle aos produtos. Estas decisións forman parte dunha disciplina académica coñecida como enxeñaría do valor.

O emprego da obsolescencia programada non sempre é fácil de determinar, complicándose ao aparecer outros factores relacionados, como a constante competencia tecnolóxica ou a sobrecarga de funcións, que se ben poden expandir as posibilidades de uso do produto en cuestión, tamén poden facelo fracasar rotundamente.

Desfeitos e contaminación[editar | editar a fonte]

O obxectivo da obsolescencia programada é o lucro económico inmediato, polo que o coidado e respecto do medio ambiente pasa a un segundo plano. Cada produto que se volve obsoleto, supón contaminación, polo que é un evidente problema do actual sistema de produción e económico, ao non axustarse en absoluto á harmonía e equilibrio da natureza.

Notas[editar | editar a fonte]