Partido Democrático Cívico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Občanská demokratická strana")
Občanská demokratická strana (ODS)
Partido Democrático Cívico
Dirixentes e organización
Líder Petr Fiala
Mocidades Mladí konzervativci
Filiación internacional Unión Internacional Demócrata
Historia
Fundación 21 de abril de 1991
Posicións políticas
Ideoloxía Conservadorismo
Conservadorismo liberal[1]
Liberalismo económico[1]
Conservadorismo nacionalista[1]
Euroescepticismo moderado[2]
Representación
Representación 16 deputados no Parlamento da República Checa
15 senadores no Senado da República Checa
2 eurodeputados
102 concelleiros rexionais
5.181 concelleiros
Outros datos
Sede Doudlebská 1699/5,
Praga
Páxina web www.ods.cz

O Občanská demokratická strana ou ODS (en galego Partido Democrático Cívico), é un partido político checo de tendencia conservadora, sendo o principal partido desta tendencia política na República Checa. Está afiliado á Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e a nivel europeo á Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos e afirma ter ideas semellantes ás do británico Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico), o polonés Platforma Obywatelska (Plataforma Cívica) e o español Partido Popular.

Historia[editar | editar a fonte]

O partido foi fundo o 21 de abril de 1991 trala división do Občanské fórum (Foro Cívico) por Václav Klaus, e dende 2002 foi liderada por Mirek Topolánek. Foi o partido dominador en dous gobernos de coalición na República Checa entre 1992 e 1997. Tamén formou parte do goberno do do Česká strana sociálně demokratická (Partido Socialdemócrata Checo) entre 1998 e 2002 baixo os termos dun pacto formal por escrito entre os dous partidos, o "Acordo de Oposición" (ampliado máis tarde cun novo acordo, denominado "Patente de Tolerancia").

Nas eleccións parlamentarias de 2002, pasou a ser o segundo partido da cámara, con 58 de 200 escanos, e por primeira vez na súa historia pasou a asumir o papel de oposición. O actual presidente checo, Václav Klaus, foi o presidente honorario do partido ata aquela. Nas eleccións ao Parlamento Europeo en xuño de 2004, e nas eleccións ao Senado e ás asembleas rexionais celebradas en novembro dese mesmo ano, o ODS recibiu máis do 30 % dos votos.

Nas eleccións parlamentarias de 2006 foi nóvamente o partido máis votado, conseguindo 81 escanos na cámara. Formou un goberno de coalición co Křesťanská a demokratická unie – Československá strana lidová (Partido Demócrata Cristián) e o Strana zelených (Partido Verde). O partido sufriu un forte retroceso nas eleccións rexionais e ao Senado, perdendo os 12 gobernadores rexionais que posuía

En xullo de 2006 o ODS asinou un acordo co Conservative and Unionist Party (Partido Conservador Británico) para abandonar o Partido Popular Europeo e formar unha nova formación de centro-dereita denominada Alianza dos Conservadores e Reformistas Europeos en 2009.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Nagle, John D.; Mahr, Alison (1999). "Democracy and Democratization: Post-Communist Europe in Comparative Perspective". SAGE. p. 188.
  2. "Czech Republic". parties-and-elections.de. http://www.parties-and-elections.de/czechrepublic.html.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]