O príncipe da brétema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O príncipe da brétema
Título orixinal El príncipe de la niebla
Autor Carlos Ruiz Zafón
Ilustrador Contastino Gatagán
País España
Lingua castelán
Xénero(s) Novela, literatura xuvenil
Editorial EspañaEdebé
Galicia Rodeira, colección Periscopio
Data de pub. España1993
Galicia 2000
Formato Tapa branda
Páxinas 224
ISBN ISBN 84-8116-327-9
Seguido por El palacio de la medianoche
Tradución Inés Sixto Gracía

O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruiz Zafón. Foi publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993 co título de El príncipe de la niebla, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil. En maio de 2007 foi reeditada en La Trilogía de la Niebla, xunto a El palacio de la medianoche e Las luces de septiembre.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da II Guerra Mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica, instalándose nunha casa moi grande. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa.

Os anteriores propietarios da casa sufriran a persecución dun estraño personaxe que seguirá perseguindo á familia de Max e á de Roland ata saldar unha antiga débeda.

Traducións[editar | editar a fonte]

A novela foi traducida ao galego por Inés Sixto García e publicada pola editorial Rodeira en 2000. Reeditouse en 2002.