Numitor
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Numitor era fillo do rei Proca e tamén undécimo descendente de Eneas. Era irmán maior de Amulio. Cando Numitor tiña que comezar a reinar o seu irmán menor desbancouno e fíxose co poder de Alba Longa. Amulio matou os fillos de Numitor e ofreceu a Rea Silvia, a súa sobriña, como vestal para asegurarse de que non tivese descendencia.
Un tempo máis tarde Rea Silvia tivo dous xemelgos, os cales, segundo ela aseguraba, eran fillos de Marte. A sobriña de Amulio foi encadeada e os xemelgos, Rómulo e Remo, abandonados no río Tíber.
Anos despois Remo foi levado ante Numitor e este descubriu que era o seu neto. Os xemelgos e máis o seu avó atacaron a Amulio e Numitor volveu reinar en Alba Longa.
Bibliografía [editar]
- Diccionario de mitología griega y romana. Pierre Grimal, profesor da Sorbona. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986.