Rea Silvia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rea Silvia era filla do rei Numitor, fixose vestal cando o seu tío Amulio destronou o seu pai. As vestales estaban obrigadas a garda-lo voto de castidade polo cal Rea Silvia non podía ter descendencia e a permanencia de Amulio no trono non peligraba. Aínda así enxendróu dous fillos, Rómulo e Remo. Xeralmente admítese que Rea Silvia foi amada polo deus Marte, co cal tivo ós xemelgos, aínda que algúns autores atribúen a paternidade destes a un amante accidental. Ó percatarse Amulio disto, fixo meter no cárcer a Rea Silvia e botar ós xemelgos nunha cesta ó río Tíber. Escapou dunha morte segura grazas a súa prima Anto. Existen varias versións sobre o seu fin. Uns sosteñen que morreu despois do parto, outros que os malos tratos foron motivo da súa morte e, finalmente, tamén se di que os seus propios fillos a liberaron,despois de vengarse de Amulio.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario de mitología griega y romana. Pierre Grimal, profesor da Sorbona. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986.