Nakajima Ki-84
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Nakajima Ki-84 Hayate | |
|---|---|
| Ki-84 Hayate | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Nakajima |
| Primeiro voo | marzo de 1943 |
| Introducido | 1944 |
| Retirado | 1945 |
| Principais usuarios | Armada Imperial xaponesa |
| Construídos | 3.514 |
O Nakajima Ki-84 Hayate (四式戦闘機, よんしきせんとうき, Yonshiki-sentōki; 疾風, vendaval) foi un caza monopraza xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Voou por primeira vez en marzo de 1943 e entrou en servizo no verán de 1944. A produción total foi de 3.514 exemplares, incluíndo os prototipos experimentais fabricados. Foi alcumado "Frank" polos aliados.
Cun excelente rendemento e unha alta maniobrabilidade, o Ki-84 é considerado un dos mellores cazas xaponeses da guerra. Foi capaz de enfrontarse a calquera avión aliado, e de interceptar ao B-29 Superfortress a gran altitude. O seu potente armamento, formado por dous canóns de 30 mm e dous de 20 mm, incrementou o seu éxito. Aínda que se viu obstaculizado pola pobre calidade de produción dos últimos exemplares, un motor que requería demasiado mantemento, unha tren de aterraxe propensa a torcerse e a falta de pilotos experimentados, o Hayate demostrou ser un temible adversario.