Número de Sherwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O número de Sherwood, \mathrm{Sh} (tamén denominado número de Nusselt másico) é un número adimensional utilizado en operacións de transferencia de materia. Representa a relación entre o transporte difuso-convectivo e o transporte difusivo. Recibe o seu nome do enxeñeiro americano Thomas Kilgore Sherwood.

Defínese como:

\mathit{Sh} = \frac{k \cdot L}{D} = \frac{\mbox{Transporte convectivo e difusivo}}{\mbox{Transporte difusivo}}

onde

Existen numerosas correlacións empíricas ou semiempíricas que permiten determinar o número de Sherwood a partir do número de Reynolds e do número de Schmidt. A importancia da determinación do número de Sherwood é que dá acceso ao coeficiente de transferencia de materia. O número de Sherwood ten a mesma forma que o número de Biot másico. Poren, representan fenómenos físicos diferentes. No caso do número de Sherwood, a difusividade que aparece no denominador é a da substancia que se transfire nun fluído. Pola contra, no número de Biot, é a difusividade nun sólido. Deste xeito, o número de Biot compara o transporte externo (no fluído) co transporte interno (no sólido).