Número de Schmidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O número de Schmidt é un número adimensional definido como a relación entre a difusión de cantidade de movemento (viscosidade cinemática) e a difusión de materia (difusividade). Utilízase para caracterizar os fluxos nos que hai difusión e convección de cantidade de movemento e de materia de forma simultánea. Recibe o seu nome do enxeñeiro alemán Ernst Heinrich Wilhelm Schmidt (1892-1975).

Exprésase como o cociente da viscosidade cinemática (que representa a difusión de cantidade de movemento) e a difusividade másica. Así, relaciona o espesor relativo das capas límite hidrodinámica e de materia.
Aparece en numerosas correlacións empíricas ou semiempíricas que permiten determinar o número de Sherwood a partir do número de Reynolds e do número de Schmidt.

Defínese como:

\mathit{Sc} = \frac{\nu}{D} = \frac {\mu} {\rho D} = \frac{ \mbox{difusión de cantidade de movemento} }{ \mbox{difusión másica} }

onde:

O número de Schmidt é o equivalente en transferencia de materia do número de Prandtl.