Museo Nacional de Antropoloxía de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 19°25′34″N 99°11′10″O / 19.42611, -99.18611

Museo Nacional de Antropoloxía
Entrada do museo.
País México
CidadeCidade de México
TipoArqueolóxico
Construción1963-1964
Inauguración17 de setembro de 1964
Superficie8 ha
Visitantes2 millóns (anual)
Na rede
https://www.mna.inah.gob.mx/
Twitter: mna_inah Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Nacional de Antropoloxía (MNA) é un dos recintos museográficos máis importantes de México e de América.[1] Está concibido para albergar e exhibir o legado arqueolóxico dos pobos de Mesoamérica, así como para dar conta da diversidade étnica do país. O edificio actual do MNA foi construído entre 1963 e 1964 no Bosque de Chapultepec por instrución do presidente Adolfo López Mateos, quen o inaugurou o 17 de setembro de 1964. O edificio do MNA posúe 22 salas de exposición permanente, dúas salas de exposicións temporais e tres auditorios. Ademais alberga o acervo da Biblioteca Nacional de Antropoloxía e Historia.

A colección do Museo Nacional de Antropoloxía está conformada por numerosas pezas arqueolóxicas e etnográficas provenientes de todo México. Entre algunhas das pezas máis emblemáticas da colección cóntase a Pedra do Sol —que é o corazón mesmo do museo—, as monumentais esculturas teotihuacanas dedicadas ós deuses da auga, a tumba de K'inich Janaab' Pakal, así como un atlante tolteca traído desde Tollan-Xicocotitlan e o Monólito de Tláloc que custodia a entrada do museo.

O MNA constitúe un dos principais sitios de interese turístico de México. Atrae cada ano a máis de dous millóns de visitantes. O museo é un dos meirandes museos do continente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]