Museo Galego da Marioneta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Galego da Marioneta
Tipomuseo
Data de fundación2001
EnLiñares
PaísGalicia
42°40′49″N 8°11′30″O / 42.680277777778, -8.1916666666667
editar datos en Wikidata ]

O Museo Galego do Xoguete e a Marioneta, inaugurado en outubro do 2001, e albergado, dende o 13 de decembro de 2014, no Pazo de Liñares,[1] é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e compañía de monicreques Viravolta, que aproveita este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas (máis de 300 pezas) e para fomentar o gozo, estudo e recuperación da arte dos monicreques. O museo amplía cada ano o seu fondo documental coa incorporación de novas pezas, libros, vídeos e outros materiais sobre esta materia.

Sede do museo.

Descrición[editar | editar a fonte]

No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea como compañía de monicreques de Viravolta, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal de Lalín, que foi o punto de partida para a creación da Casa do títere, onde o concello exerce a titularidade e as compañías Viravolta e Seisdedos son as encargadas da súa xestión.

O Museo Galego da Marioneta mantén unha programación estábel, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación e mostras de teatro de marionetas como Titirientroido, Titirideza e Cantos e Contos de Nadal

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]