Museo Bode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Museo Bode

O Museo Bode pertence ao grupo de museos da Illa dos Museos de Berlín, Alemaña.

O museo foi deseñado polo arquitecto Ernst von Ihne e rematado en 1904. Chamado orixinalmente o Kaiser-Friedrich-Museum en honor do emperador alemán Federico III, o museo mudou o seu nome en honor do seu primeiro director, Wilhelm von Bode, en 1956.

Pechado por restauracións dende 1997, o museo foi aberto de novo o 17 de outubro de 2006. Agora alberga unha colección de esculturas, arte bizantina, moedas e medallas.

A colección de escultura mostra a arte do Oriente cristián (con énfase no Exipto Copto), esculturas de Bizancio e Rávena, as esculturas da Idade Media, o gótico italiano, e o primeiro Renacemento. Os derradeiros traballos do Gótico alemán están representados por Tilman Riemenschneider, tamén ten obras do renacemento alemán do sur, e arte barroca prusiana ata o século XVIII. No futuro algúns traballos seleccionados da Gemäldegalerie de Berlín integraranse na colección de escultura. Isto está baseado no concepto de Wilhelm von Bode de las "salas de estilo", nos cales as esculturas, as pinturas, e a artesanía dunha época vense xuntos, do mesmo xeito que xeralmente facíase nas coleccións privadas da clase media alta.

O Münzkabinett ("gabinete da moeda"), contido actualmente no veciño museo de Pérgamo, é unha das coleccións numismáticas máis grandes do mundo. O seu rango de tempos abrangue dende o principio da acuñación no sétimo século a.C. en Asia Menor ata os nosos días. Con aproximadamente 750.000 artigos a colección é un arquivo único para a investigación histórica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Museo Bode

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]