Mulleres en Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muller albanesa de finais de século XIX/comezos do XX.

As mulleres de Albania son aquelas mulleres nadas, que viven ou proveñen de Albania. A primeira asociación de mulleres en Albania fundouse no ano 1909.[1] As mulleres albanesas da rexión do norte de Gheg residían nun lugar conservador[2] e nunha sociedade patriarcal. Nunha sociedade tan tradicional, as mulleres tiñan papeis subordinados nas comunidades gheg que cren no "predominio masculino". Isto mantívose malia a chegada da democracia e da adopción dunha economía de mercado libre en Albania, e despois do período baixo o Partido do Traballo de Albania.[3] A cultura tradicional albanesa gheg estaba baseada no Kanun de Lekë Dukagjini, de 500 anos de antigüidade, un código de conduta tradicional gheg, onde o papel principal das mulleres era coidar dos nenos e tomar coidado do fogar.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Dereito a levar armas[editar | editar a fonte]

Segundo unha columna en The Literary World en 1878, as mulleres albanesas podían levar armas.[4]

Matrimonio, fertilidade e vida familiar[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Aborto en Albania.

A taxa de fertilidade é de 1,5 fillos por muller (estimación de 2015),[5] que está por debaixo da taxa de reposición de 2,1. A taxa de prevalencia de anticonceptivos é bastante alta: 69,3% (2008/09).[5] A maioría das mulleres albanesas comezan a súa familia a principios e mediados dos seus vintes: a partir de 2011, a idade media do primeiro matrimonio era de 23,6 para as mulleres e de 29,3 para os homes.[6]

Nalgunhas zonas rurais de Albania, os matrimonios seguen sendo concertados, e a sociedade é fortemente patriarcal e tradicional, influenciada polo conxunto tradicional de valores do kanun.[7] The urbanization of Albania is low compared to other European countries: 57.4% of the total population (2015).[5] Aínda que o matrimonio forzado é xeralmente desaprobado pola sociedade, é un "fenómeno ben coñecido no país, especialmente nas zonas rurais e remotas", e as nenas e mulleres destas áreas son "moi a miúdo obrigadas a casar por mor dunha mentalidade patriarcal e da pobreza".[8]

O aborto en Albania foi totalmente legalizada o 7 de decembro de 1995.[9] O aborto pódese realizar baixo demanda ata a 12ª semana de embarazo.[10] As mulleres deben someterse a asesoramento durante unha semana antes do procedemento, e os hospitais que practican abortos non poden divulgar información ao público sobre as mulleres que atenden.[10]

Durante o goberno de Enver Hoxha, a Albania comunista tiña unha política natalista,[10] que levaba ás mulleres a ter abortos ilegais ou a inducilos elas mesmas. Isto levou a que o país tivese a segunda taxa de mortalidade materna máis alta de toda Europa, e estimouse que o 50% de todos os embarazos terminaron nun aborto.[10]

Emprego[editar | editar a fonte]

Durante a era comunista gran cantidade de mulleres comezaron a ter un emprego remunerado. O período de transición en Albania estivo marcado por rápidos cambios económicos e inestabilidade. O mercado de traballo enfrontouse a moitos dos problemas que son comúns á maioría das economías en transición, como a perda de emprego en moitos sectores, que non foron suficientemente compensados polos novos sectores emerxentes. No ano 2011, a taxa de emprego foi do 51,8% para as mulleres novas, fronte ao 65,6% dos homes novos.[11]

Educación[editar | editar a fonte]

Mozas estudantes albanesas en Tirana, Albania.

No ano 1946, preto do 85% da poboación de Albania era analfabeta, principalmente porque as escolas que usaban a lingua albanesa eran practicamente inexistentes no país antes de independizarse en 1912. Ata mediados do século XIX, os gobernantes do Imperio Otomán prohibiran o uso da lingua albanesa nas escolas.[12] O réxime comunista deu unha alta prioridade á educación, que incluía a alfabetización da poboación, pero tamén a promoción da ideoloxía socialista nas escolas.[13] A partir de 2015, a taxa de alfabetización das mulleres era só lixeiramente inferior á dos homes: 96,9% de mulleres fronte ao 98,4% de homes.[5]

Violencia contra as mulleres[editar | editar a fonte]

Dende a década de 2000, Albania tomou medidas para abordar o problema da violencia contra as mulleres. Entre elas, promulgouse a Lei 9669/2006 (Lei de Medidas contra a Violencia nas Relacións Familiares)[14] e ratificouse a Convención de Istambul.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Haan, Francisca; Daskalova, Krasimira; Loutfi, Anna (2006). Biographical Dictionary of Women's Movements and Feminisms in Central, Eastern, and South Eastern Europe: 19th and 20th Centuries. Central European University Press. p. 454. ISBN 978-963-7326-39-4 – vía Google Books. ...founders (1909) of the first Albanian women's association, Yll'i mengjezit (Morning Star) 
  2. 2,0 2,1 Bilefsky, Dan. "Albanian Custom Fades: Woman as Family Man". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  3. Elsie, Robert. "Albania". Advameg, Inc. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013. 
  4. The Literary World: Choice Readings from the Best New Books, with Critical Revisions (en inglés). James Clarke & Company. 1878. Consultado o 25 de decembro de 2019 – vía Google Books. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "The World Factbook". cia.gov. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  6. "Select variable and values - UNECE Statistical Database". W3.unece.org. 2016-02-09. Consultado o 2016-06-17. 
  7. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de novembro de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2015. 
  8. "IRB: Albania: Forced marriages of women, including those who are already married; state protection and resources provided to women who try to avoid a marriage imposed on them (2010-June 2015) [ALB105216.E] | ecoi.net - European Country of Origin Information Network". ecoi.net. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-30. Consultado o 2016-06-17. 
  9. Aborti – vrasje e fëmijës së palindur (in Albanian) Arquivado 2013-10-29 en Wayback Machine. Nr. 8045, data 07. 12. 1995, që është mbështetje e nenit të ligjit nr. 7491, të vitit 1991 "Për dispozitat kryesore kushtetuese" me propozimin e Këshillit të Ministrive, miratuar në Kuvendin Popullor të Shqipërisë.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Albania – ABORTION POLICY – United Nations". United Nations. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2017. Consultado o 1 de abril de 2018. 
  11. "Youth Employment and Migration : Country Brief : Albania" (PDF). Ilo.org. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2016-06-17. 
  12. "Albanian "Letërsia e gjuhës së ndaluar"" [The Literature of the Prohibited Language] (PDF) (en albanés). Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2011-06-05. Consultado o 2010-01-06. 
  13. S.T. Dhamko. Boboshtica. Historie. Boboshtica, 2010 (dorëshkrim). Ff. 139-140.
  14. "LAW No. 9669 of 18.12.2006 : "ON MEASURES AGAINST VIOLENCE IN FAMILY RELATIONS"". Osce.org. Arquivado dende o orixinal o 2017-05-26. Consultado o 2016-06-17. 
  15. Bureau des Traités. "Liste complète". Coe.int. Arquivado dende o orixinal o 2016-02-03. Consultado o 2016-06-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]