Mugalari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mugalari é unha expresión da lingua éuscara referida ás persoas que axudaban a cruzar a fronteira política entre os Estados español e francés a quen estaba sendo perseguido por motivos políticos. Este tipo de actividades foron moi frecuentes durante a Guerra Civil Española e o franquismo subseguinte.