Motorsex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MotorSex
OrixeBilbao, País Vasco
Período2003 - ...
Xénero(s)punk rock
MembrosXenen (guitarra e voz)
Niko (baixo e voz)
Bernar (batería)
Antigos membrosKoldo (voz)
Joakin (guitarra)
Na rede
www.imbecil.com
Bandcamp: motorsex Discogs: 2706486 Editar o valor em Wikidata

Motorsex é un grupo vasco de punk rock que se formou durante o verán de 2003 en Bilbao.

Historia[editar | editar a fonte]

A saída de Niko de MCD na primavera de 2003 tras 25 anos nese grupo, foi a causa da fundación de Motorsex. Nos inicios, o cuarteto estaba formado por 3 membros orixinais de M.C.D., Bernar (batería), Joakin (guitarra) e Niko (baixo); ao que se lles une Koldo na voz, proveniente de Distrito Suicida. O nome do grupo é un xogo de palabras entre Motörhead e Sex Pistols.

Unha característica deste grupo é que só publica os seus traballos baixo licenzas libres copyleft e en formato "single" principalmente.

En agosto de 2003 gravaron o seu debut discográfico co "Single-I", que contén dúas cancións "Animal" e "La Veo". No 2004 gravaron o Single-II, con 3 cancións, sendo unha delas, unha versión do famoso "Somebody Put Something In My Drink" do grupo Ramones que retitularon como "Somebobo". Nas letras colabora Oscar Beorlegui, máis coñecido como El Piloto Suicida. A finais de xuño de 2004 o grupo gravou un directo, En Crudo. Despois deste directo, Joakin (guitarra) deixou a banda entrando non seu lugar Xenen, proveniente do grupo Vandalismo Gratuíto. En xuño de 2006 o aínda cuarteto grava o Single-III, sendo a despedida de Koldo como cantante. Desde 2007 xa funcionan como trío, con Niko na voz principal, gravando o Single-IV (2008), o Single-V (2009) e en outubro dese mesmo ano, o Single VI Ademais, durante ese mesmo ano, editan co grupo arxentino de Rosario Zona 84, un split titulado Un&Dos, que contén 5 temas por banda.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Single I (2003)
  • Single II (2004)
  • En Crudo (ao vivo - 2005)
  • Single III (2006)
  • Single IV (2008)
  • Single V (2009)
  • Un&Dos (split entre Motorsex e Zona84, 2009)
  • Single VI (2009)

Vídeos[editar | editar a fonte]

  • Soy un animal (2005)
  • Qué asco me doy! (2006)
  • Hombre Bomba! (2008)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]