Mosteiro de San Millán de la Cogolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Mosteiros de San Millán de Yuso e de Suso
Sanmillan.012.jpg
Mosteiros de San Millán. Suso (arriba) e Yuso (abaixo)
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1997
País: España España
Localización: San Millán de la Cogolla (A Rioxa)
42°20′N 2°52′W / 42.333°N 2.867°W / 42.333; -2.867 (Mosteiro de San Millán de la Cogolla)Coordenadas: 42°20′N 2°52′W / 42.333°N 2.867°W / 42.333; -2.867 (Mosteiro de San Millán de la Cogolla)
Rexión: Europa
Tipo: Cultural
Criterios: ii, iv, vi
Descrición UNESCO: fr en

O Mosteiro de San Millán de la Cogolla é unha institución relixiosa fundada no século VI d.C. por San Millán, situada no municipio de San Millán de la Cogolla, na comunidade autónoma da Rioxa. Está formado pola comunidade de monxes que continúan a tradición iniciada polo eremita Millán. Dende o século VI ata os nosos días déronse distintos tipos de vida monástica: eremitas, cenobio, mosteiro visigodo dúplice con regra hispánica, mosteiro mozárabe, mosteiro beneditino, e na actualidade convento de frades da Orde de Agostiños Recoletos.

Os edificios, Suso e Yuso[editar | editar a fonte]

O mosteiro está formado por dous edificios. O máis antigo, na parte alta da montaña, chamado San Millán de Suso (en castelán antigo, suso quere dicir arriba) e San Millán de Yuso (yuso quere dicir abaixo).

Suso, o primeiro e primitivo que foi habitado por San Millán, encóntrase no medio dunha exuberante vexetación, na aba dun outeiro moi desgastado que ten como pano de fondo a Cogolla chamada así polo perfil que ostenta parecido a un monxe levando cuculla (capa que usaban varias ordes relixiosas, que cubrían á vez corpo e cabeza). No fondo da montaña están os dous niveis de covas habitadas por Millán e os seus discípulos. Ao seu arredor constrúese o actual edificio onde encontramos testemuños da época morázabe, arcos de ferradura, ou románica: cenotafio de San Millán.

O segundo, Yuso, construído posteriormente sitúase máis abaixo e é de maiores dimensións. Coñecido como o Escorial da Rioxa ocupa o lugar dun antigo edificio románico que se derruba totalmente en 1504 para construír o actual edificio que se iniciou como unha comunidade beneditina. Destaca nel a igrexa, o claustro, a sancristía barroca e o conxunto de biblioteca e arquivo. Na actualidade ademais de mosteiro de frades agostiños recoletos é a sede do, o Centro internacional de Investigación da Lingua Castelá.[1]

Na actualidade o edificio de arriba, Suso, é propiedade do Estado, e non vive ninguén nel dende a Desamortización de Mendizábal. O edificio de abaixo, Yuso, está habitado por frades agostiños recoletos.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Escudo da Abadía de San Millán.

A continuidade monástica foi a primeira razón pola que se lle concedeu o título de Patrimonio da Humanidade en 1997. A esta razón únense as culturais. San Millán foi considerado durante moitos anos como «Berce do Castelán», xa que no Escritorio de San Millán se escribiron as Glosas Emilianenses, uns dos documentos máis antigos nos que aparecen textos do romance navarro-aragonés segundo algúns estudosos -e do castelán, segundo outros- ademais de conter uns pequenos textos en éuscaro. No mesmo mosteiro asina os seus versos Gonzalo de Berceo, o primeiro poeta castelán de nome coñecido.

Dous son os lugares identificados pola Unesco dentro do Patrimonio mundial:

Código Nome Coordenadas
805-001 Mosteiro de Yuso e xardíns da cociña monástica 42°19′33″N 2°51′54.18″W / 42.32583°N 2.8650500°W / 42.32583; -2.8650500 (Mosteiro de San Millán de la Cogolla, Yuso)
805-002 Mosteiro de Suso e Lugares arqueolóxicos 42°19′45.8″N 2°52′21.7″W / 42.329389°N 2.872694°W / 42.329389; -2.872694 (Mosteiro de San Millán de la Cogolla, Suso)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]