Monte Taranaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Taranaki dende Glanville Road

O Taranaki ou Egmont é unha montaña volcánica na Illa Norte de Nova Zelandia. A montaña érguese entre pastos verdecentes, envolta na néboa. A selva tropical nas ladeiras baixas da montaña contrasta co cumio nevado, localizado a 2494 m.

Actividade volcánica[editar | editar a fonte]

As ladeiras das montañas son de orixe volcánica, comezou a súa actividade hai 135.000 anos, entrou en erupción por primeira vez hai arredor de 70 000 anos, dende entón, Egmont entra en actividade periodicamente. A erupción máis poderosa foi no 1500 a súa última actividade forte en 1665, seguida doutra máis feble en 1775, porén a súa última actividade volcánica foi en cara a 1860, permanecendo desde entón durmido.