Monte Ruapehu
| Monte Ruapehu | |
|---|---|
|
Monte Ruapehu no verán |
|
| Elevación: | 2.797 metros (9.175 pés) |
| Latitude: | 39° 18' S |
| Lonxitude: | 175° 35' E |
| Localización: | Nova Celandia |
| Tipo: | Estratovolcán |
| Última erupción: | 2007 |
| Primeira subida: | 1879 por G. Beetham e J. P. Maxwell |
O Monte Ruapehu, ou Ruapehu, é un estratovolcán activo no sur da Zona volcánica Taupo en Nova Celandia. Está a 23 quilómetros ao nordés de Ohakune e 40 quilómetros ao suroeste da marxe sur do Lago Taupo, dentro do Tongariro National Park. Nas súas ladeiras están as maiores pistas de esquí da Illa Norte e algúns glaciares.
Ruapehu é un dos volcáns máis activos do mundo[1] e o volcán activo máis grande de Nova Celandia. É o punto máis alto da Illa Norte ( North Island) e inclúe os tres cumes máis altos: Tahurangi (2.797 m), Te Heuheu (2.755 m) e Paretetaitonga (2.751 m). O profundo e activo cráter está entre os cumes.
A zona e arredores do monte Ruapehu son moi coñecidos porque foi neles onde se rodou boa parte das películas O señor dos aneis.
Índice |
Erupción de 2007 [editar]
Despois de meses de especulación e controversia, o 18 de marzo de 2007 entrou en erupción.
Notas [editar]
- ↑ New Zealand Department of Conservation. "Crater Lake". http://www.doc.govt.nz/Regional-Info/007~Tongariro-Taupo/004~Conservation/Crater-Lake/index.asp. Consultado o 2006-10-23.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- The 1996 Ruapehu Eruption Imaxes e información da Michigan Technical University
- Volcanic Hazards at Ruapehu Volcano - from GNS Science
- Volcano Camera - Mt Ruapehu - hourly photographs from GeoNet
- Mt Ruapehu Crater Lake Lahar Threat Response from the Department of Conservation
- Ruapehu Guide, photos, links
- Mt Ruapehu - Crater Lake Status from Environment Waikato
- Peakware World Mountain Encyclopedia - Ruapehu