Monicreque (Internet)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un monicreque, do que veu o nome dos sock puppets de Internet.

Monicreque é un termo pexorativo para unha identidade falsa usada para fins fraudulentos dentro dunha comunidade de internet. De acordo con Word Spy:[1]

"un monicreque é unha identidade falsa a través da cal un membro dunha comunidade en Internet se manifesta finxindo que non o fai, como fai un titereiro ao manipular un fantoche".

Nos casos máis simple, un monicreque defende ou eloxia o seu titereiro. O que teñen en común non é só publicar algo baixo un pseudónimo, senón ocultar a verdadeira motivación que hai tras a opinión expresada.

Historia[editar | editar a fonte]

O termo foi empregado por primeira vez na Usenet en referencia a Earl Curley, que usaba varios pseudónimos para defender o seu carácter e os seus argumentos e denigrar aos seus opoñentes.[2] O termo tentáculos foi tamén comunmente utilizado con sentido similar na Usenet a mediados da década de 1990.[3]

Exemplos públicos notables[editar | editar a fonte]

En anos recentes, hai exemplos de figuras públicas dos Estados Unidos de América que empregaron monicreques:

  • John Lott, autor de More Guns, Less Crime, que entre 2000 e 2003 enviou baixo a identidade monicreque de "Mary Rosh", [4] cumpridos ás ensinanzas de Lott e discutindo cos seus críticos na Usenet. Tamén empregou este nome para escribir críticas espectaculares dos seus libros e para desacreditar libros de rivais en sitios de libros en liña. Lott admitiu que frecuentemente usaba o pseudónimo "Mary Rosh" para defenderse, pero afirmou que as críticas de libros escritos por "Mary Rosh" foran feitas realmente polo seu fillo e a súa muller.
  • Lee Siegel, columnista da revista The New Republic, foi suspendido por defender os seus artigos e os seus comentarios de blog usando a conta de usuario "Sprezzatura". Un destes comentarios defendendo as malas críticas feitas por Siegel sobre Jon Stewart: "Siegel é máis bravo, brillante e intelixente do que Stewart xamais será".[5] [6]
  • En 2006 un alto asesor do entón congresista Charlie Bass (republicano) foi sorprendido facéndose pasar por un partidario "preocupado" de Paul Hodes, demócrata adversario de Bass, en varios blogs liberais de New Hampshire, usando pseudónimos como "IndieNH" ou "IndyNH". Mostrábase preocupado de que os demócratas estivesen a gastan cartos con Hodes, porque Bass era imbatible.[7]
  • En 2007, o CEO de Whole Foods, John Mackey, publicou no Yahoo Finance Message Board un cumprido á súa propia empresa no que prevía un futuro difícil para unha empresa rival, a Wild Oats Markets, mentres ocultada as súas relacións con elas baixo o pseudónimo "Rahodeb".[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]