Modern Family
| Modern Family | |
|---|---|
Logo de Modern Family |
|
| Formato | Sitcom Falso documental Comedia |
| Creado por | Christopher Lloyd Steven Levitan |
| Intérpretes | Ed O'Neill Sofía Vergara Julie Bowen Ty Burrell Jesse Tyler Ferguson Eric Stonestreet Sarah Hyland Ariel Winter Nolan Gould Rico Rodriguez II |
| País de orixe | Estados Unidos de América |
| Lingua(s) | Inglesa |
| Número de episodios | 31 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Steven Levitan Christopher Lloyd |
| Localización(s) | Os Ánxeles |
| Cámara | Film, cámara única |
| Duración | 22 min. por episodio |
| Distribuidor | Lloyd-Levitan Productions 20th Century Fox Television |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | ABC |
| Formato de imaxe | 480i (SDTV) 1080i (HDTV) |
| Tempo de emisión | "Pilot" (23/09/2009) – ... |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Modern Family é unha serie de TV de comedia estadounidense, que xoga tamén co pseudodocumental. Foi creada por Christopher Lloyd e Steven Levitan, e prodúcena os Fox Television Studios. Estreouse na ABC o 23 de setembro de 2009.
No 2010 gañou o Emmy de "Mellor serie cómica", así como outros dous Emmys de "Mellor actor secundario" para Eric Stonestreet e "Mellor guión" para Steven Levitan e Christopher Lloyd.
Arguemento [editar]
Segue as familias de Jay Pritchett (Ed O'Neill), súa filla Claire Dunphy (Julie Bowen), e seu fillo Mitchell Pritchett (Jesse Tyler Ferguson), que viven nos Ánxeles. Claire é dona de Phil Dunphy (Ty Burrell), co que ten dúas nenas e un pícaro. Jay, o patriarca, está casado de segundas nupcias cunha muller colombiana moito máis nova que el, que se chama Gloria (Sofía Vergara), que ten con ela, doutro matrimonio, un fillo preadolescente, Manny. Mitchell e o seu home, Cameron Tucker (Eric Stonestreet), teñen en adopción unha bebé vietnamita chamada Lily.