Ariel Winter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ariel Winter Workman, nada o 28 de xaneiro de 1998 nos Ánxeles, é unha actriz infantil estadounidense.
Traxectoria [editar]
Ariel é coñecida por dar vida a Alex Dunphy na serie de televisión Modern Family e o personaxe secundario de Lucy Moore en ER. Tamén actuou como actriz de dobraxe en series de animación como Phineas and Ferb e o filme Bambi II.