Mitsubishi J8M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Mitsubishi J8M Shūsui
J8M Shusui Sword Stroke Komet J8M-10.jpg
J8M Shūsui
Tipo Caza
Fabricante Mitsubishi Heavy Industries
Primeiro voo Xullo de 1945
Construídos 7

O Mitsubishi J8M Shūsui (十九試局地戦闘機秋水, "espada oscilante") foi un caza monopraza de interceptación e defensa puntual xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Foi unha resposta apresurada á ameaza dos bombardeiros estratéxicos B-29 Superfortress da USAAF. As Forzas Imperiais pediron un interceptador de rápida trepada e pensouse na produción do caza alemán Messerchmitt Me 193 Komet. O submarino que traía un Komet e os planos de fábrica foi afundido en Xapón. Só dispuña dun motor foguete Walther HWK 109 e un manual de instrucións do avión. A partir diso produciron unha versión propia para o Exécito e a Armada. Tras facer probas de planeo, lanzouse ao J8M1 en xullo de 1945, estrelándose ao fallar o motor. Ao final só se remataron 7 exemplares de serie.