Mitrofan
Mitrofan era o nome que tiña o oso que supostamente matou Xoán Carlos I nunha cacería ilegal, en 2006 na vila rusa de Novlenskoye, nunha visita de caracter privada de El-Rei de España.
[editar] Covertura da información
Diversos mass media fixéranse eco da nova logo das denuncias que escribira Sergei Starostin, vice-director do Departamento de Conservación do Medio do Parque Natural de Vologda, dirixida a Vyacheslav Pozgalevdado, gobernador da zona. Na carta Sergei afirmaba que o oso estaba bébedo porque lle deran un combinado de vodka e mel. O oso era doméstico e fora instruído para entreter aos visitantes dun parque bailando. Foi levado para o lugar da cacería nunha gaiola e solto co único obxectivo de ser matado polo rei malia a ser un oso domesticado e en estado de embriaguez.
O asunto Mitrofan tivo ampla repercusión na rede, en clave de crítica e de humor. Mesmo foi declarado personaxe do ano nun blog catalán. Até tal punto trascendeu o asunto que rompeu a barreira da información alternativa podendo ser lido na chamada prensa seria con titulares como "Investigan si el Rey mató un oso borracho".