Minstrelsy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anuncio para un espectáculo de minstrel

O espectáculo de minstrel ou minstrelsy era unha forma de entretemento estadounidense. Desenvolveuse no século XIX. Cada espectáculo era de parodias cómicas, bailes e actuacións musicais que mostraban persoas de ascendencia africana. Os espectáculos foron interpretados principalmente por persoas brancas con maquillaxe ou cara negra (blackface) co propósito de interpretar a xente negra. Tamén houbo intérpretes afroamericanos e grupos de minstrel só negros que se formaron e realizaron concertos e xiras.

O minstrel mostra a persoas racializadas negras parodiadas e aos afroamericanos como alegres, preguiceiros e parvos.[1] [2]

Os espectáculos de minstrel saíron como breves burlesques a principios da década de 1830 no nordeste dos Estados Unidos. Desenvolvéronse na súa forma plena ao redor da década seguinte.

A principios do século XX, o espectáculo de minstrelsy era unha sombra da súa antiga popularidade. Foi substituído na súa maior parte polo vodevil.[3]

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

O termo minstrelsy provén do "menestrel" medieval, á súa vez do latín ministerialis, que aludía a "funcionario" ou "servidor". Da mesma raíz proveñen as palabras ministro, administración, ministerial (especie de escravos nobres do Sacro Imperio).[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Coon Caricature - Anti-black Imagery - Jim Crow Museum". jimcrowmuseum.ferris.edu. Consultado o 2023-09-20. 
  2. "Minstrel Shows - Part I". www.musicals101.com. Consultado o 2023-09-20. 
  3. "Blackface photos found in old University of Maryland yearbooks". Baltimore Sun. 2019-02-08. Consultado o 2023-09-20. 
  4. "MENESTRIL". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 
  5. "MINISTRO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 
  6. "minstrelsy". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2023-09-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]