Minihi Levenez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minihi Levenez
Tipoorganización sen ánimo de lucro
Data de fundación1984
Na rede
http://www.minihi-levenez.com
editar datos en Wikidata ]

Minihi Levenez é unha asociación bretoa de inspiración católica creada en 1984 a iniciativa de Francis Barbu, bispo de Quimper e Léon [1] e baixo a dirección do sacerdote e escritor Job an Irien para unir ás persoas de cultura bretoa e fe cristiá da súa diocese. A asociación ten ao seu cargo a editorial homónima que publica unha revista de igual nome ao da asociación e libros na súa maioría bilingües de inspiración cristiá. Tamén edita as traducións bretoas da Biblia e o misal. A asociación organiza conferencias para dar a coñecer o patrimonio relixioso da diocese, organiza peregrinacións a outros países celtas: Irlanda, Escocia, Cornualla, Gales para seguir as orixes dos primeiros santos bretóns vidos do outro lado da Canle da Mancha. E mais tamén organiza peregrinacións a Terra Santa. Organiza cursos de bretón para adultos e obradoiros de cantos relixiosos bretóns, incluíndo a edición de libros de cánticos con CD. A editorial publica sobre todos libros sobre santos bretóns ou célticos, de espiritualidade e de arte relixiosa bretoa e algunhas obras de banda deseñada para nenos, como a tradución bretoa de Les Aventures de Loupio de Jean-François Kieffer [2]. Entre outros autores publicaron obras na súa editorial Yves-Pascal Castel, Bernard Tanguy ou Fañch Morvannou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Le breton à l'église ? Job an Irien conseille". Le Telégramme. 22 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2014. 
  2. "Idee cadeau pour Noel : Les Aventures de Loupio en breton". AR GEDOUR MAG. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]