Miki Nervio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiki Nervio
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Miguel Anxo Montes García, tamén coñecido como Miki Nervio, Miguel A. Montes e Miki Montes, nado na Coruña en 1964, é un cantante e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundador e vocalista da banda Miki Nervio & The Bluesmakers, foi coñecido na súa primeira etapa pública pola actividade literaria. Membro do grupo Ilha Quente[1] de Nengures (1984, Colexio Universitario da Coruña), participou en numerosas publicacións e recitais antes de cofundar Ronseltz[2] en 1985.

Dous anos despois Miki Nervio debutaba como cantante nun concerto celebrado en Santiago e pouco despois actúa no extinto bar Borrazás, o mesmo local coruñés que vira nacer Ronseltz. Daquel concerto prenderon agromos do que rematarían sendo os Bluesmakers, que se deron formalmente a coñecer en 1992[3].

O timbre enérxico de M. Nervio, evoluíndo desde os referentes[4] do blues moderno[5][6] ao country blues e desde el ao ragtime, a preferencia polo kazoo e o contacto coa rúa[7] conforman unha personalidade artística inconfundíbel.

Coas distintas formacións dos Bluesmakers ou colaborando con recoñecidos músicos[8] da órbita do blues dentro e fóra[9] de Galicia, Miki Nervio participou en máis de 500 concertos, así coma en shows radiofónicos e televisivos.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gallego, Grupo El Correo. "De amor de desamor: 25 anos". www.galiciahoxe.com. Consultado o 2020-08-09. [Ligazón morta]
  2. FERNÁNDEZ, HELENA GONZÁLEZ (1995). Ronseltz, Colectivo; Santiago, Xavier, eds. "Contra a poesía convencional". Grial 33 (125): 143–145. ISSN 0017-4181. 
  3. "Miki Nervio and the bluesmakers". www.unaplauso.com. Consultado o 2020-08-09. 
  4. "Miki Nervio & The Bluesmakers". Consultado o 2020-08-09. 
  5. "A Revolta | Magazine Cultural Online | SOBRE PIZARRA, CRUMB Y OTRAS HISTORIAS" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2018. Consultado o 2020-08-09. 
  6. Varela, Julia (2013-11-18). "O blues de Miki Nervio & The Bluesmakers na Sagrada Familia". Bibliosons. Consultado o 2020-08-09. 
  7. López Poy, Manuel. (2018). Todo Blues : lo esencial de la música blues desde sus orígenes a la actualidad. Ma non troppo. ISBN 978-84-949285-1-2. OCLC 1082187081. 
  8. "A esencia do blues onte en Arteixo, grazas a Miki Nervio & The Bluesmakers". Vimeo (en inglés). Consultado o 2020-08-09. 
  9. Herzhaft, Gérard (2003). La gran enciclopedia del blues. American Bar Association. ISBN 8495601826. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]