Metro de Helsinqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Helsinki
Helsingin metro (en finés)
Helsingfors metro (en sueco)
Helsingin metro logo.svg
Información
Cidade Helsinki
Tipo Metro
Liñas 2
Estacións 17
Pasaxeiros (día) 156.986 (2009)[1]
Pasaxeiros (ano) 57,3 millóns (2009)[1]
Operacións
Inauguración 2 de agosto de 1982[2]
Operador(es) Helsingin kaupungin liikennelaitos
Rede 21,1 km
Ancho de vía 1.524 mm (4 ft 8 1⁄2 in)
Electrificación 750 V CC[3]
Mapa da rede
Mapa do Metro

O Metro de Helsinki (en finés: Helsingin metro, en sueco Helsingfors metro), é a rede de metro da cidade de Helsinki, Finlandia. É a rede de metro situada máis ao norte do mundo, e actualmente é a única de Finlandia. A rede foi aberta ao público o 2 de agosto[2] tras 27 anos de planificación. É operada pola Helsingin kaupungin liikennelaitos (HKL) para a Helsingin seudun liikenne (HSL) e é empregada por máis de 50 millóns de pasaxeiros cada ano.

A rede consiste nunha única liña bifurcada con dezasete estacións sobre unha lonxitude total de 21,1 km.[4] Dá servizo principalmente aos suburbios de Helsinki Leste, mais tamén pode ser empregado como medio de transporte na zona centro da cidade. It primarily serves the tightly built suburbs of East Helsinki, but can also be used as a means of transport within the central parts of the city. A ampliación Länsimetro continuará a liña cara o Helsinki occidental e as zonas sur da veciña cidade de Espoo, actualmente comunicada só por autobuses.

A rede ferroviaria de proximidades local (de superficie) que dá servizo ao norte e noroeste non se cruza coa rede de metro, mais os pasaxeiros poden cambiar de tren na Estación Central de Helsinki (estación de metro Rautatientori).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]