Metro 2033

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro 2033
Desenvolvedor 4A Games
Distribuidora THQ
Motor 4A Engine
Lanzamento 16 de marzo do 2010 en Estados Unidos e 19 de marzo do 2010 en Europa
Xénero Survival horror, first-person shooter
Modos de xogo Un xogador
Clasificación + 18
Plataformas Xbox 360 e Microsoft Windows
Requisitos Procesador: Dual core CPU (calquera Core 2 Duo ou superior)

Tarxeta gráfica compatible con DirectX 9 e Pixel Shader 3 (GeForce 8800, GeForce GT220 y superior)

RAM: 1GB
Páxina oficial http://www.metro2033game.com/es

Metro 2033 é un videoxogo de acción en primeira persoa que combina o survival horror con elementos do first-person shooter. O xogo baséase na novela Metro 2033 do autor ruso Dmitry Glukhovsky. O xogo é anunciado por 4A Games e estreado en marzo do 2010 para Xbox 360 e PC con Microsoft Windows XP/Vista ou 7. En marzo do 2009, 4A Games anuncia unha sociedade mercantil con Glukhovsky para colaborar no videoxogo, presentándose o primeiro tráiler na Games Convention de 2009, en Leipzig. O xogo baséase completamente na versión dun xogador, non ten multixogador nin na rede local nin pola Internet. Pola contra, ofrece a posibilidade de diferentes modos de xogo local, aumentando o dano dos inimigos e o do xogador e eliminado o HUD (interface principal), para ofrecer un shooter máis difícil para os hard gamers.

Gameplay[editar | editar a fonte]

O xogador ponse no papel dun rapaz chamado Artyom. A historia transcorre nunha Moscova post-apocalíptica, maioritariamente dentro do sistema de metro da capital, onde o protagonista foi criado, pero ocasionalmente o xogador ten que ir á superficie para completar misións ou conseguir munición.

Os lugares visitados no xogo reflicten a atmosfera escura dos túneles, aínda que nunha forma moito máis sinistra e lóbrega. Fenómenos e ruídos estraños son frecuentes, e durante unha gran parte do xogo, Artyom soamente depende da súa lanterna para poder ver nas tebras. Porén, a superficie é aínda máis mortífera, debido á radiación deixada polas bombas no pasado, e cómpre usar unha máscara de gas en todo momento para protexerse do aire tóxico e sobrevivir.

Moitas veces, as localizacións do xogo presentan unha distribución complexa, e o xogo carece de calquera forma de mapa. A única guía que ten o xogador é un compás, que mentres se usa non se permite a utilización das armas de fogo. Así mesmo, o xogo non inclúe un medidor de saúde: é substituído por manchas de sangue na pantalla e polo palpitar de Artyom (que se incrementa canto máis dano recibe). Ademais, non hai ningún indicador que advirta ao xogador do tempo que lle falta para que o filtro da súa máscara se esgote, véndose o xogador na obriga de revisar o seu reloxo continuamente para comprobar canto tempo lle falta antes de trocar o filtro por outro novo. A máscara de gas, ademais, mostra rabuñadas ou roturas, dependendo do dano recibido en combate. Cando a máscara rompe totalmente, é mester substituíla para seguir respirando.

Por outra banda, o xogo contén elementos clásicos, como a cantidade de munición, filtros e inxeccións de adrenalina (que serven para recuperar enerxía no caso de non poder esperar). Con todo, o factor máis importante do xogo é a administración da munición. Isto débese a que, segundo narra o xogo, os cartos perderon o seu valor e as propias balas se utilizan no seu lugar. Existen dous tipos de balas: as "balas de terra"; balas de baixa calidade feitas polos habitantes do metro, e as balas militares; feitas antes da guerra, sendo estas moito máis efectivas e, tamén, estrañas. Estas últimas serven como moeda de xogo. É preciso destacar que as balas de terra se poden trocar por balas militares, pero evidentemente, recibiranse poucas balas de alta calidade aínda cando se lle dea ao comerciante moitas de baixa calidade. Desta forma, o xogador vese obrigado a coidar os seus recursos.

Sinopse[editar | editar a fonte]

"Nacín en Moscova. Pero non lembro nada daquela época, non era máis ca un cativo cando as lapas do lume nuclear devoraron o vello mundo. Corenta mil persoas salvámonos refuxiándonos nas estacións do metro... nas entrañas da cidade. Agora, vinte anos despois, só un fato de valentes se atreveron a subir para recibiren o abrazo dun inverno eterno.. o metro era o noso fogar e a fortaleza que nos protexía dos monstros mutantes que vagaban polos túneles... Aínda así, nunca renunciamos á esperanza de retornarmos á superficie. Pero un día, presentouse unha nova ameaza que nos levou a unha guerra pola supervivencia da nosa especie..."

O xogo inicia cun pequeno titorial: Artyom e Mileer chegan á torre e atópanse con outro grupo de comandos, alí son atacados por centos de Nosalis e Demos, onde sofren baixas e un demo diríxese cara a Artyom para matalo...

O xogo regresa oito días antes, Artyom esperta polo seu pai adoptivo no seu cuarto, e acompáñao para recibir a Hunter, un comando que regresaba da superficie, pero cando se reúnen son atacados por un grupo de Nosalis. Despois do ataque, o pai de Artyom fala sobre os escuros: Os escuros están alí aínda que non os vexas, son Homo novus o seguinte elo evolutivo. Escoitaches falar da supervivencia do máis apto? Pois, perdemos... Logo son informados de que os escuros atacaron un posto de garda, ao chegaren e veren o estado dos homes, Hunter dille a Artyom que vai ir tralos escuros para matalos, e pídelle, se non regresa, que busque a Mileer para que lle axude a destruílos: Hai que acabar con esta ameaza custe o que custe, e así, ao non volver Hunter, Artyom emprende unha dura e cruel viaxe a Polis, onde a súa valentía, humanidade e lealdade se porán a proba...

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Homo novus significa "Home novo".
  • Na estación de Riga, cando falemos con Bourbon por primeira vez, este preguntaranos se estamos preparados para iniciar a viaxe. Pois ben, dicímoslle que non estamos preparados e poderemos facer unha visita de cortesía á nosa amiga Nicky, que nos atenderá cordialmente por unha bala.
  • Na fase Khan, antes de entrarmos na porta que nos dá acceso onde está Bourbon, irémonos á plataforma esquerda e localizaremos, entre as caixas do vagón, un oco por onde entrarmos. Continuamos o percorrido entre as caixas ata localizarmos a un home xunto a unha pipa de auga. Matámolo e poderemos fumar desa pipa.
  • Artyom só fala nas pantallas de carga ao comezar cada nivel, narrando o que sente, o que continúa ou soamente un comentario. Pero, ao largo do xogo non se lle oirá dicir unha soa palabra durante os distintos niveis.
  • Na fase na que acompañas o neno coa súa nai, decataraste que o movemento escorrega, estira... pois ben, isto débese a que colliches ao neno da man e o levas suxeito.
  • Ao largo do xogo poderanse ver "promocións" do libro Metro 2033, como no cuarto de Artyom, no seu escritorio hai dous libros de Metro 2033 con diferentes portadas nun póster na parede, onde parece anunciar a súa chegada no 2010, antes de entrar na caravana, un home dille a Artyom que lle devolverá o seu libro ao día seguinte, xa que quere acabalo porque está moi ben, logo suxeitará o libro e se te acercas verás que é de Metro 2033.
  • Antes de chegar ao nivel "Frente" dentro da caixa onde Artyom se agochou, lógrase apreciar tamén este libro, e antes diso hai un póster na habitación do ferreiro.
  • A lámpada co paso do tempo vai perdendo enerxía, tes un cargador universal para recargala, o que a fai máis potente, pero se nunca o fas esta será pobre e alumeará moi pouco, porén nunca se vai apagar por falta de enerxía.
  • Mentres xogas Artyom parece desaparecer, isto nótase máis cando te atopas sentado, porque se miras cara a abaixo non observarás ningunha parte do seu corpo, como se fose invisible.
  • O xogo ten dúas finais: un normal, onde non se require ningunha acción específica e, polo tanto, o máis fácil de superar, e un revelador onde Artyom fará certas accións ao largo do xogo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]