Mestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un mestre (do latín magister) é un individuo ao que se lle recoñece unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.

Referido ao ensino, un mestre é un profesor que se encarga da educación formal e institucionalizada dos nenos de Educación Infantil, Primaria ou Especial en escolas ou colexios. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de Educación Secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de Educación para Persoas Adultas.