Mercury-Atlas 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercury MA-6
Mercury 6 - Patch.jpg
Insignia da misión MA-6
Tipo Tripulado
Organización NASA
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 20 de febreiro de 1962, 14:47 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Atlas LV-3B[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampa 14[2]
Duración da misión 4 horas, 55 minutos e 23 segundos[6][2]
Obxectivo da misión Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada, primeira misión orbital tripulada dos Estados Unidos.[2]
Decaemento 20 de febreiro de 1962[1]
NSSDC ID 1962-003A
Masa 1352,0 kg[6][2]

Mercury-Atlas 6 ou MA-6, e tamén coñecida como Friendship 7 polo nome da cápsula, foi a primeira misión orbital tripulada do proxecto Mercury e a primeira na que un astronauta estadounidense, John Glenn, foi posto en órbita.[6][2]

Desenvolvemento da misión[editar | editar a fonte]

Os obxectivos de MA-6 foron avaliar o rendemento do sistema home-nave nunha misión cunha duración de tres órbitas, estudar os efectos do voo espacial no astronauta e obter as impresións do astronauta sobre o funcionamento da nave e dos sistemas de soporte vital.[6][2]

O lanzamento da misión estaba planeado para finais de xaneiro, pero foi posposto dúas veces: a primeira pola meteoroloxía adversa, e a segunda por unha fuga de propelente no foguete Atlas LV-3B. O día do lanzamento a conta atrás detívose catro veces por distintos problemas que finalmente foron resoltos. Unha vez en órbita un dos propulsores de control quedou atascado, co que Glenn desactivou o sistema de control automático para pasar a pilotar manualmente a cápsula. Máis tarde un sinal do sistema do escudo térmico indicou que as grapas que sostiñan o escudo térmico contra a nave soltáranse, co que só seguiría unido á nave grazas ó equipo de retrofoguetes que sería usado máis tarde para deorbitar a nave e que se atopaba no extremo do escudo, unido por cintas á estrutura da nave. O control de terra decidiu que manterían unido os retrofoguetes á nave despois de finalizar o retroacendido co fin de que se o sinal era real o escudo permanecese o maior tempo posible unido á nave. Unha vez en terra determinouse que o sinal dispararase por culpa dun interruptor defectuoso e que o escudo nunca estivera en perigo. Unha das anécdotas do voo foi cando Glenn informou de estar vendo "vagalumes" ó entrar na parte iluminada polo Sol dunha das órbitas. O fenómeno permaneceu inexplicado ata o seguinte voo dunha Mercury, cando Scott Carpenter experimentou o mesmo fenómeno, descubrindo que se trataba de xeo proveniente do sistema de control a reacción da nave.[6][2]

Antes do voo os expertos expresaron a súa preocupación polos efectos da falta de gravedad e da radiación no espazo sobre o corpo humano. Durante o voo Glenn informou de sentirse ben en todo momento, e máis tarde comprobouse que recibira menos da metade da radiación predita.[2][6]

A cápsula reentrou tras tres órbitas, caendo no océano Atlántico, a 1300 km ó sueste de Bermuda. Glenn e a cápsula foron recollidos 21 minutos despois da amerizaxe por un helicóptero do destructor USS Noa.[2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "MERCURY ATLAS 6" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=240. Consultado o 28 de agosto de 2013.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Mercury Atlas 6" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1962-003A. Consultado o 28 de agosto de 2013.
  3. (PDF) Letter dated 3 April 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General. 4 de abril de 1962. pp. 3. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1108.
  4. "Mercury 6 (MA-6 / Mercury-Atlas 6)" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1962.html#MercuryAtlas-6. Consultado o 28 de agosto de 2013.
  5. "Mercury Flight History" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sat/mercury-history.htm. Consultado o 28 de agosto de 2013.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "Mercury MA-6" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/flights/merryma6.htm. Consultado o 28 de agosto de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercury-Atlas 6

Outros artigos[editar | editar a fonte]