Mercado de verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mercado de fichaxes de verán, ou abreviado mercado de verán, é un termo de uso futbolístico para facer referencia a un prazo de tempo, maioritariamente entre o final dunha tempada e o comezo da seguinte, no que os clubs de fútbol poden facer transferencias ou altas de futbolistas ou realizar saídas ou baixas dalgún xogador do equipo.

Realmente o prazo ou duración de devandito mercado non esta estipulado oficialmente ante a FIFA. En cada federación futbolística por país esta pode variar, dependendo do formato de liga ou as regulamentacións da institución futbolística, como no caso de España.

Este prazo adoita ser o que utilizan os equipos para crear novos persoais e ata un novo equipo técnico. En contraposición, o mercado de inverno adoita utilizarse para facer axustes menores a un persoal xa formado ou para buscar substituto a algún xogador lesionado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]