Melisma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alleluia in Vigilia Nativitatis.

Melisma en música é a técnica de alterar a nota dunha sílaba dun texto mentres está a ser cantada.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A música cantada neste estilo recibe o nome de melismática, que é o contrario de silábica, cando cada sílaba de texto corresponde a unha única nota. A música das culturas antigas usaban técnicas melismáticas para acadar un estado hipnótico no ouvinte, útil para ritos místicos de iniciación (Misterios Eleusinianos) e cultos relixiosos. Esta calidade aínda é encontrada na música contemporánea hindu e musulmá. Na música occidental, o termo refírese máis comumente ao Canto gregoriano, mais pode ser usado para describir a música de calquera xénero, incluíndo o canto barroco e máis tarde o gospel.

Cadaquén na súa época, Barbara Strozzi ou Aretha Franklin son consideradas algunhas das mellores empregadoras desta técnica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]