Meilyr Brydydd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Meilyr Brydydd (fl. 1100-1137) é o primeiro do grupo de poetas galeses coñecidos como Poetas dos Príncipes ou Gogynfeirdd cuxa obra sobreviviu. Meilyr foi o poeta da corte de Gruffudd ap Cynan (c. 1055-1137), rei de Gwynedd. Compuxo unha notábel awdl farwnad (elexía) pola morte do seu patrón e un marwysgafn sobre a inminencia do seu propio final, remarcábel na súa intensidade e a profundidade do seu sentimento.[1] Foi o pai doutro coñecido poeta: Gwalchmai ap Meilyr.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pódese ler en galés no seguinte enderezo: [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • J.E. Caerwyn Williams & Peredur I. Lynch (ed.), Gwaith Meilyr Brydydd a'i Ddisgynyddion, Cyfres Beirdd y Tywysogion I (Cardiff, 1994). ISBN 0708311873