Cynddelw Brydydd Mawr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCynddelw Brydydd Mawr
Biografía
Nacemento1155 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1195 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1155 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata)

Cynddelw Brydydd Mawr (fl. ca. 1155-1200) (en galego "Cynddelw o gran poeta") foi un dos poetas galeses máis importantes do século XII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cynddelw comezou a súa carreira como poeta da corte de Madog ap Maredudd[1], príncipe de Powys, e entre os seus primeiros poemas aparece unha elexía (marwnad) dedicada a el tras a súa morte en 1160: Compuxo poemas para algúns dos últimos gobernantes de Powys, agora dividido en dúas partes, como Owain Cyfeiliog e Gwenwynwyn. Porén tamén compuxo poemas dirixidos aos gobernantes de Gwynedd e Deheubarth, especialmente poemas dedicados a Owain Gwynedd e o seu fillo Hywel ab Owain Gwynedd e posteriormente a Rhys ap Gruffudd de Deheubarth e ao xove Llywelyn o Grande. Tamén fixo un eloxio para o seu propio fillo, Dygynnelw, que morreu en combate. Dá unha imaxe vívida das secuelas dunha batalla nun dos seus poemas:

Vin tras a batalla intestinos nos espiños
para que os lobos os sepultasen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obtivera o posto tras disputalo contra Seisyll Bryffwrch, segundo o manuscrito Hendregadredd.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Meic Stephens (ed). A Companion to Welsh Literature.