Megalópole do Nordeste dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Megalópole do Nordeste dos Estados Unidos é a maior e principal aglomeración urbana do planeta que, polas suas dimensions, constitúe unha rexión urbanizada no nordeste dos Estados Unidos dende Springfield no estado de Massachusetts ata Washington, a capital do país.

Este xigantesco continuo urbano conformaríase coa conurbación das áreas metropolitanas de Nova York, Filadelfia, Washington-Baltimore e Hartford. Alguns estudiosos (véase Gottmann) inclúen tamén a área de Boston, denominando BosWash (de Boston-Washington) á megalópole resultante.

A cidade mais importante do conxunto é Nova York, capital do mundo de facto, principal centro financieiro e cultural do planeta (ver Historia urbana de Nova York). Seguiríalle en importancia Washington (ver historia urbana), capital dos Estados Unidos de América e, polo mesmo, principal centro de poder executivo e militar do globo. Outras grandes cidades da megalópole serían Filadelfia, Baltimore e Hartford.

Datos (a 1-1-2001)[editar | editar a fonte]

Nome Habitantes
Área Metropolitana de Nova York 21.000.000
Área Metropolitana de Philadelphia 9.100.000
Conurbación de Washington-Baltimore 7.500.000
Conurbación de Hartford-Springfield 1.710.000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]