Historia urbana de Nova York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A historia da cidade de Nova York gradúase sobre varios séculos e comeza antes da chegada dos primeiros colonos no que é agora Manhattan, coa ocupación polas poboacións amerindias. Os pasos que levan Nova York á súa configuración actual, unha división en cinco distritos, Manhattan, o Queens, Brooklyn, o Bronx e Staten Island, son do fin do século XIX e á primeira metade do século XX. Antes, a cidade tivo numerosas crises, é foi o teatro de diversos conflitos, pero consegue non obstante mellorar progresivamente importancia, no punto de constituír hoxe a maior cidade dos Estados Unidos de América e unha das metrópoles máis importantes e máis dinámicas do mundo, tanto pola súa demografía pero tamén en tanto que centro décisional de primeiro plan e capital mundial da banca e da Bolsa.

Colonia holandesa : Nova Ámsterdan[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nova Ámsterdan.

A cidade de Nova York ten os seus inicios cando os holandeses elixen a illa de Manados, Manahata, Manahtoes ou Manhattos (Manhattan), que de todas estas maneiras era coñecida polos indios da rexión, como lugar para a capital da súa colonia de Nova Holanda [1].

O primeiro paso era a construción dun forte. Lévano a cabo en 1624, na punta meridional da illa, e chamanlle Fort Amsterdam [2]. Naturalmente, o poboamento que medrou ao seu carón recibiu o nome de Nova Ámsterdan (Nieuw Amsterdam)[3]. Corría o ano 1626. [4].

Nova Ámsterdan foi deseñada segundo o modelo da súa metrópoli europea, con peirao no río do leste (East River), e canais. Tamén había muiños de vento e unha rúa máis ancha (Broadway) que levaba do forte ao norte da illa saíndo fóra da muralla (Wall Street) [5]. Así era a cidade cando foi traspasada ao poder dos ingleses en 1664 [6], [7].

Colonia inglesa[editar | editar a fonte]

Inmediatamente despois de conquistada, os ingleses renoméana New York polo duque homónimo. A cidade esténdese cara o norte superando a muralla, que é derrubada [8].

Así se mantén sen grandes cambios ata a revolución e independencia dos Estados Unidos de América, dos que foi capital por un breve tempo [9].

O gran plan de 1811[editar | editar a fonte]

Nova York en 1848

Coa expansión da fronteira cara o oeste e a apertura do canal do Erie que abría a rexión dos Grandes Lagos en 1825, a chegada de inmigrantes vai ser progresivamente maior no século XIX, sendo a cidade o principal porto de arribada. O crecemento será espectacular. Para isto, prepárase un plano de expansión, visionario segundo algúns, pero que marcará definitivamente a forma da cidade : trátase do plan de 1807-11, una retícula superposta á illa de Manhattan conformada por once avenidas na dirección norte-sur e máis de 15O rúas (street) que corren de leste a oeste [10]. Nel, apúntase xa a idea da reserva dun espazo aberto no centro da malla que se converterá co tempo no famoso Central Park (1853-71) [11].

Unión dos cinco boroughs : Gran Nova York (1898)[editar | editar a fonte]

Nova York desde o edificio Empire State

Dende a súa chegada, os holandeses fixeron outras fundacións ademais de Nova Ámsterdan (vg. Brookland, o actual Brooklyn), de tal maneira que para a metade do XIX os arredores da illa de Manhattan estaban xa moi poboados. Fíxose necesario a súa unión mediante pontes. Foi así coma comezou a construción da Ponte de Brooklyn (1870-1883) [12], verdadeira obra colosal na súa época (a maior ponte colgante do mundo) [13], [14]. Esa unión arrastrou consigo a administrativa e no 1898 creouse o Gran Nova York pola inclusión dos coñecidos cinco barrios (boroughs): Manhattan, Brooklyn e Queens en Long Island á outra beira do East River, Bronx no continente ao norte tras o pequeno Harlem River e Staten Island ao sur da baía [15]. A cidade era xa una puxante metrópole de tres millóns e medio de habitantes. De seguido comezou a construción de máis pontes que trabaran as suas partes (Williamsburg en 1903, Manhattan e Queensboro en 1909) [16].

Aínda que a cidade na que apareceu o rañaceos contra 1880 como tipoloxía arquitectónica sexa Chicago, Nova York é sen dúbida a "cidade dos rañaceos". De seguido construíronse na cidade, un tras outro, os edificios máis altos do mundo. A década gloriosa para o tipo foi a dos trinta coa icona por antonomasia de todos eles, o Empire State Building [17], [18].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (en francés) François Weil, Histoire de New York, París, editor Fayard, 2005, ISBN 2213618569. Síntese polo director do Centro de estudos norte-americanos (CNRS-EHESS).
  • (en inglés)| Eric Homberger, The Historical Atlas of New York City' (a visual celebration of 400 years of New York City's History), editor Owl Books, 2005, ISBN 9780805078428.
  • (en francés) New York da colección Guide Vert, editor Michelin, 2000.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Historia urbana de Nova York