Maurice Hilleman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hilleman contra 1958.

Maurice Ralph Hilleman, nado o 30 de agosto de 1919 en Miles City e finado o 11 de abril de 2005 en Filadelfia[1], foi un microbiólogo americano especializado no estudo das vacinas. Desenvolveu máis de tres ducias de vacinas. Esntre elas, a da hepatite A, a hepatite B, a varicela, a meninxite, a pneumonía e a da gripe. Así mesmo, tivo un importante rol na descuberta de adenovirus, des virus hepáticos e do virus canceríxeno SV40.

Ao dicir do doutor Adel F. Mahmoud, presidente da compañía farmacéutica Merck, as pescudas científicas de Hilleman salvaron millóns de vidas e protexeron millón doutras de caeren enfermas.

Foi o vacinólogo máis exitoso da historia.
Roberto Gallo, director do Instituto de Viroloxía Humana na Universidade de Maryland.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obituario de Hilleman, en The New York Times. (en inglés)
  2. Maurice R. Hilleman, 85; Scientist Developed Many Vaccines That Saved Millions of Lives, artigo en Los Angeles Times o 12 de abril de 2005. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]