Matías Estévez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMatías Estévez Martínez
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata (112/113 anos)
Parderrubias, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesMartin Sheen (tío) Editar o valor em Wikidata

Matías Estévez Martínez, coñecido como Rato, nado en Parderrubias (Salceda de Caselas) cara a 1911, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Estévez Fernández e Dolores Martínez, irmán de Francisco Estévez Martínez e tío de Martin Sheen.[1] Marchou á Arxentina en 1929. Retornou a Salceda de Caselas na República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na oposición ao golpe en Salceda. Detido, foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 24 de setembro de 1936 e condenado a cadea perpetua. Ingresou no Penal do Fuerte San Cristóbal de Pamplona o 5 de febreiro de 1937. Saíu o 2 de setembro de 1940 en prisión atenuada.[2] Emigrou á Arxentina.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Angelita e Lola Estévez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]