Masacres de Sabra e Shatila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O masacre de Sabra e Shatila tivo lugar entre o 16 e o 17 de setembro de 1982, cando milicias falanxistas libanesas (cristiás) atacaron estes dous campos de refuxiados, matando entre 460 (estimación policía libanesa) e 800 (estimación do Mossad) civís palestinos e libaneses.

Israel, sabendo que ata 200 milicianos armados de grupos próximos á OLP agocháranse nos campos, deixou entrar ás milicias libanesas para os eliminar e finalmente cometeron o masacre. Os crimes foron cometidos en resposta ó atentado que acabara coa vida do presidente libanés Bashir Gemayel e 25 dos seus seguidores cristiáns.

A Comisión Kahan de Pesquisas (israelí), atopou ó estado de Israel culpable indirecto polas masacres. Tralas deliberacións, o xefe do exército Raful Eitan foi inhabilitado e o ministro de defensa, Ariel Sharon, dimitiu.

En Israel, múltiples manifestacións pedían un endurecemento da sentenza e máis responsables, ata 300.000 chegaron a manifestarse en todo o país. Nos países árabes non houbo manifestacións. No resto do mundo, as manifestacións contra Israel multiplicáronse. Ese mesmo ano acabaría a guerra civil libanesa coa ocupación do sur do país por Israel. A ocupación remataría no 2000.