Mary Sherman Morgan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Sherman Morgan
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Ray, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 2004 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMinot State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , Enxeñeiro de aviación Editar o valor em Wikidata

Mary Sherman Morgan, nada en Ray o 4 de novembro de 1921 e finada o 4 de agosto de 2004, foi unha enxeñeira química estadounidense, inventora do combustible líquido Hydyne en 1957, que propulsou o Jupiter-C, o foguete que puxo en órbita o primeiro satélite dos Estados Unidos, Explorer 1.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia que vivía nunha granxa en Ray, Dacota do Norte, era moi pobre e daba pouco valor á educación[5] Trala educación secundaria inscribiuse na Minot State University, para estudar Química. [1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Cando estalou a segunda guerra mundial, ofreceronlle o seu primeiro traballo nunha fábrica de municións, encargada da fabricación de trinitrotolueno (TNT), dinitrotolueno (DNT) e explosivos de pentolitos.

Ao remate da segunda guerra mundial solicitou un traballo na aviación norteamericana e foi empregada na división Rocketdyne en Canoga Park, California.[6] Pouco despois da contratación, foi ascendida a especialista en rendemento teórico, un traballo que quería cálculos matemáticos que predicían o rendemento dos propelentes de foguetes.[7] Mary era a única muller entre 900 enxeñeiros e unha das poucas con titulacións universitarias. [1] [8]

Mentres traballaba na aviación norteamericana, Mary coñeceu ao seu futuro marido, George Richard Morgan, un enxeñeiro mecánico graduado en Caltech, e xuntos tiveron catro fillos: George, Stephen, Monica e Karen. [1] [8]

A carreira espacial[editar | editar a fonte]

Comparación entre os foguetes Redstone, Jupiter-C e Mercury

Durante o desenvolvemento do programa para o vehículo de reentrada de mísiles Jupiter, o equipo de Wernher von Braun usou mísiles Redstone modificados, denominados Jupiter-C. Para mellorar o rendemento da primeira fase, asinaron un contrato coa división Rocketdyne de North American Aviation para obter un combustible máis potente. [9]

Mary traballou no proxecto e foi nomeada xefa debido ao seu coñecemento e experiencia con novos propelentes para foguetes.[10] O seu traballo derivou en Hydyne e o primeiro voo de proba cun foguete de Redstone tivo lugar o 29 de novembro de 1956.[11]

En 1957, a Unión Soviética e os EE. UU. tiñan como obxectivo poñer os satélites en órbita ao redor da Terra con motivo da celebración do Ano Internacional da Xeofísica. [12] Para este esforzo internacional, o proxecto dos Estados Unidos chamouse Proxecto Vanguard . A Unión Soviética logrou pór en órbita a Sputnik o 4 de outubro de 1957, evento que pronto foi sucedido pola desastrosa explosión do foguete Vanguard. Grazas ao novo propelente conseguiuse pór en órbita o primeiro satélite norteamericano, Explorer I, o 31 de xaneiro de 1958. [8]

Despois dos programas Jupiter-C e Juno I, os Estados Unidos cambiaron estes combustibles por outros máis potentes. [13] [14]

O nome Hydyne[editar | editar a fonte]

Hydyne-LOX (osíxeno líquido) foi a combinación de propelentes usada no foguete de Redstone. O exército elixiu usar a versión curta de Hydyne. [6] [15] Unha mestura de 60% de dimetilhidrazina asimétrica (UDMH) e 40% de dietilenetriamina (DETA).[16] Era máis potente que o etanol, pero moito máis tóxico.[17] .

Legado[editar | editar a fonte]

George, un dos fillos de Mary, quedou sorprendido ao descubrir a importancia do traballo da súa nai. Investigou a historia de Mary a fondo despois de que o xornal Los Angeles Times negásese a publicar a súa necrolóxica, alegando que non había confirmación dos feitos presentados.

Esta investigación converteuse nunha obra de teatro, posta en escena en Caltech en 2008 [5] e publicada en forma de libro en 2013, chamada Rocket Girl: The Story of Mary Sherman Morgan, America's First Female Rocket. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Morgan, George D.; with Ashley Phd Stroupe. Rocket Girl: The Story of Mary Sherman Morgan, America's First Female Rocket Scientist, Prometheus Books, 2013, ISBN 1616147393, ISBN 978-1616147396.
  2. "Mary Sherman Morgan, la primera científica de cohetes". Nobbot (en castelán). 2019-05-30. Consultado o 2021-04-05. 
  3. "Mary Sherman Morgan, ingeniera química". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-11-04. Consultado o 2021-04-05. 
  4. Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. 
  5. 5,0 5,1 Lisa Michalski (ed.). "An Unsung Heroine of the Space Age America's first female rocket scientist-her story finally told". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 05 de abril de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Lerner, Preston, "Soundings: She Put The High In Hydyne". Air & Space Smithsonian Magazine, febreiro/marzo2009, Vol.23, No.6, pp.10, ISSN 0886-2257.
  7. Draxler, Breanna. "Rocket Girl" (revisión do libro), Discover (magazine), xullo–agosto 2013, p. 25.
  8. 8,0 8,1 8,2 Morgan, George. America's First Lady of Rocketry, Caltech News, California Institute of Technology, Vol.42, No.1.
  9. Robert S. Kraemer & Vince Wheelock: “Rocketdyne: powering humans into space”. American Institute of Aeronautics and Astronautics. 2006, pp. 43–44.
  10. Missiles and Rockets. xaneiro de 1958. Alcumado Hydyne, o combustible aumenta o pulo e o alcance dos foguetes un 12% máis que o combustible tradicional para foguetes Redstone. O Dr. Jacob Silverman, supervisor da unidade de investigación de termodinámica da propulsión e líder no desenvolvemento de Hydyne, comezou a traballar no composto en 1956. O problema que se lles expuxo a Silverman e aos enxeñeiros químicos da empresa foi desenvolver un combustible que aumentase o rendemento e puidese ser un substituto do etanol, que se adoita queimar nos motores Redstone 
  11. History of the Redstone Missile System Arquivado 22 de agosto de 2013 en Wayback Machine., p. 60
  12. Dickson, Paul: “Sputnik, The Shock of the Century”. Walker & Company. 2001
  13. History of the Redstone Missile System, p. 166
  14. NASA. The Mercury-Redstone Project, p. 3-2, 4-42.
  15. Morgan, George D. Rocket Girl: A play about the life of America's first female rocket scientist Mary Sherman Morgan Arquivado 26 de novembro de 2013 en Wayback Machine., NevadaBelle.com website, novembro 2008.
  16. The Mercury-Redstone Project, p. 2-2.
  17. The Mercury-Redstone Project, p. 3-2, 4-42.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • George D. Morgan, Rocket Girl. A historia de Mary Sherman Morgan, Prometheus Books, 2013. ISBN 9781616147396
  • Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924.
  • Elas, levarónnos ao espazo. 2022 ISBN: 978-84-8158-952-8

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]