Mary Peters Fieser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Peters Fieser
Biografía
Nacemento27 de maio de 1909 Editar o valor em Wikidata
Atchison (Kansas), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1997 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Belmont (Massachusetts), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBryn Mawr College
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLouis Fieser (1932–1977)
IrmánsRuth Peters (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Peters Mary Fieser (Mary Peters), nada en Atchison o 27 de maio de 1909 e finada en Belmont o 22 de marzo de 1997, foi unha química estadounidense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Robert Peters, era profesor universitario de inglés. A familia trasladouse a Harrisburg, Pensilvania, cando aceptou un posto no Carnegie Institute of Technology (agora Universidade Carnegie Mellon ). Mary estudou nun instituto privado para nenas e estudou no Bryn Mawr College, onde se graduou en 1930 cunha licenciatura en Química. Alí coñeceu ao seu futuro marido Louis Fieser, un profesor de química que se converteu no seu mentor. Cando Fieser deixou Bryn Mawr en 1930 para traballar na Universidade de Harvard, Peters decidiu acompañalo e continuar os seus estudos para conseguir un mestrado en química. Tivo que matricularse oficialmente no Radcliffe College pero fixo cursos de química en Harvard, onde non puido escapar da discriminación de xénero da época.[1] Un profesor de química analítica en particular non lle permitiu estar no laboratorio con estudantes masculinos: tivo que facer as prácticas, sen supervisión, nun soto baleiro dun edificio próximo. En 1936 obtivo un máster en Química por Radcliffe, pero decidiu non doutorarse.

Peters casou co seu mentor en 1932, e a súa colaboración científica continuou ata a morte de Louis Fieser en 1977. As súas primeiras investigacións centráronse na química das quinonas e dos esteroides, e desenvolveron a síntese de vitamina K, cortisona e o composto antimalárico lapinona,[1] aínda que os Fieser foron coñecidos polos seus numerosos libros. O seu primeiro texto conxunto, Química orgánica (1944), converteuse nun grande éxito e influencia a ambos os dous lados do Atlántico pola orixinalidade na presentación do material, con aplicacións da química orgánica na vida cotiá. En 1967, os Fieser comezaron a publicar Reagents for Organ Synthesis e produciron seis volumes xuntos antes da morte de Louis Fieser; Mary continuou o proxecto con outros colaboradores completando un total de dezaseis volumes.[2] Tamén publicaron Style Guide for Chemists en 1959, así como unha importante monografía sobre esteroides no mesmo ano.

Peters nunca ocupou un posto remunerado en Harvard, aínda que recibiu o título de investigadora asociada, sen soldo, na década de 1960, uns vinte anos despois de comezar a traballar alí.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla Garvan-Olin da American Chemical Society en 1971 e en 2008 o Departamento de Química e Bioloxía Química de Harvard creou a Mary Fieser Postdoctoral Fellowship para apoiar ás mulleres e minorías subrepresentadas en química.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Louis Fieser and Mary Fieser". Science History Institute (en inglés). 2016-06-01. Consultado o 2021-12-18. 
  2. 2,0 2,1 "Chemistry Department creates Fieser Fellowship". Harvard Gazette. 2008-02-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]