Martin Bäumle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin Bäumle

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Thalwil, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Consello Nacional de Suíza
1 de decembro de 2003 –
Circunscrición electoral: Cantón de Zúric
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónETH Zürich Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berna Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Verde Liberal da Suíça (pt) Traducir (2004–)
Partido Verde da Suíça (pt) Traducir (–2004) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e Lingua alemá de Suíza Editar o valor em Wikidata

Páxina webmartin-baeumle.ch… Editar o valor em Wikidata

Martin Bäumle, nado o 3 de xuño de 1964 en Thalwil, é un químico atmosférico e político suízo, presidente do Partido Verde Liberal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras rematar química na Escola Politécnica Federal de Zúric, logrou o diploma de estudos avanzados en ciencias da atmosfera. Traballou na medición e análise da contaminación atmosférica, en especial dos hidrocarburos. Entre 2003 e 2007 dirixiu a súa propia empresa, Bäumle Messungen und Beratungen.

Desde 1981 foi membro da asociación Gruppe Energie und Umwelt de Dübendorf e estivo como o seu representante na dirección do Partido Verde do cantón de Zúric. Foi deputado no Gran Consello de Zúric entre 1987 e 1995 e de novo de 1999 a 2004. Foi tamén concelleiro en Dübendorf entre 1990 e 1998, e nese ano entrou no executivo local encargándose do departamento de finanzas. Entre 1998 e 2004 foi o presidente do Partido Verde cantonal. Reelixido no goberno local de Dübendorf en 2006 e 2010.[1]

Entrou no Consello Nacional nas eleccións de 2003. No ano seguinte produciuse unha escisión nos verdes de Zúric, marchando os sectores máis liberais do partido, entre eles Bäumle, que formaron o Partido Verde Liberal de Zúric do que foi un dos copresidentes. Reelixido no Consello Nacional en 2007, estableceuse unha estrutura nacional para o seu partido, que o elixiu como presidente. Nas eleccións de 2012 o seu partido foi un dos grandes vencedores pasando de 3 deputados a 12 e o 5,4% dos votos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walter von Arburg: Martin Bäumle: Velo fahrender Schnelldenker im Anzug.[Ligazón morta]