Martín Berasategi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martín Berasategui durante un acto con outros cociñeiros e Patxi López.

Martín Berasategui Olazábal, nado en Donostia o 27 de abril de 1960, é un recoñecido restaurador vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio dos Pais Capuchinos de Lekaroz, no Val de Baztan (Navarra). Está inmerso no mundo da cociña desde os trece anos, grazas a súa nai e a súa tía. Iniciouse no negocio familiar, Bodegón Alejandro, do cal converteuse en responsable principal aos 21 anos. Cinco anos despois, o mesmo recibiu a estrela Michelín. Así mesmo, desde moi novo viaxou con regularidade a Francia, para completar a súa formación.

O 20 de xaneiro de 2005 recibiu o Tambor de Ouro de Donostia no día grande da cidade, o máximo galardón que entrega o Concello de Donostia. Segundo palabras súas ese galardón fíxolle máis ilusión que recibir a terceira estrela Michelín.

O seu restaurante máis coñecido está en Lasarte e dispón dunha cualificación de 3 estrelas na prestixiosa Guía Michelín, sendo considerado un dos máis coñecidos representantes da nova cociña vasca. Tamén dispón doutros restaurantes como o do Kursaal en Donostia cunha estrela Michelín ou o do museo Guggenheim Bilbao.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martín Berasategi Modificar a ligazón no Wikidata