Marsias (sátiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarsias

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Μαρσύας Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiHyagnis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBábis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Marsias (en grego antigo Μαρσύας Marsyas) era un sátiro que naceu en Celea (Frixia), na fonte principal do río Meandro. Os seus pais serían Olimpo (ou quizais Eagro) e Hiagnis.

Marsias era un experto tocando o aulos, un tipo de óboe dobre feito de cana. Atopou o instrumento no chan, onde o guindara a súa inventora Atenea, despois de que os outros deuses se burlasen dela por como lle inchaban as meixelas ao tocalo, e ameazou cos máis terribles castigos a quen o collese.

Apolo e Marsias

Marsias deleitaba aos campesiños frixios co son da frauta e eles afirmaban que nin o propio Apolo era mellor músico. Como Marsias inconscientemente non os contradixo, gañouse a ira do deus. Apolo, que tocaba a lira, e Marsias enfrontáronse nun concurso musical no que o gañador podía tratar ao perdedor como quixer. Coas Musas e Midas como xuíces, os dous tocaron tan perfectamente que as Musas non podían decidir un gañador, entón Apolo desafiou ao sátiro a tocar o seu instrumento ao revés. Apolo deu a volta á súa lira e tocou. Evidentemente Marsias non podía facer o mesmo coa frauta e as Musas declararon vencedor a Apolo. Despois de derrotar a Marsias, Apolo vingouse del, pola súa arrogancia (orgullo) ao desafiar a un deus, colgándoo dun piñeiro e esfolándoo vivo. Despois, Apolo cravou a pel de Marsias nunha árbore, preto do lago Aulocrene, e o seu sangue formou o río Marsias (un afluente do Meandro, que desemboca nel preto de Celea). Outras versións afirman que o río naceu das bágoas dos seus amigos. A tortura de Marsias é un tema recorrente na arte helenística.

Babis, fillo de Meandro e irmán de Marsias, tamén tocaba a frauta, pero, debido á súa falta de habilidade, non foi castigado por Apolo como o foi o seu irmán[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grimal, Pierre (2008). Diccionari de mitologia grega i romana. Barcelona: Edicions de 1984. p. 341. ISBN 9788496061972.