Markhás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Markhás é unha aldea prefabricada creada no deserto de Rub al-Khalí.

Os beduínos nómades teñen neles a oportunidade de instalarse e seguir a súa vida de pastoreo, contando con comodidades coma xardíns ou mesquitas. Neles seguen vixentes certos costumes nómades (fiadeiros, reunións nocturnas de anciáns para falar e beber leite de camelo ou crianza de camelos, cabras e ovellas) xunto a outras características occidentais (ensino superior, servizos médicos, transporte, aire acondicionado ou auga limpa). A pesar da claustrofobia e a perda de liberdade que lles implica, teñen certa aplicación na zona do deserto de Arabia Saudita: porén, debido á menor calidade na banda do Iemen xa que alí non se conta cos cartos procedentes do petróleo, non teñen tanta aceptación noutros lugares.

Notas[editar | editar a fonte]

Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro de 2005.