Marcus Ward Lyon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcus Ward Lyon

(1917) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1875 Editar o valor em Wikidata
Rock Island Arsenal, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
South Bend, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Brown
Universidade George Washington (pt) Traducir
Rock Island High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía, terioloxía, bacteriologia (pt) Traducir, patoloxía, Parasitoloxía e Oftalmoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo , parasitólogo , oftalmólogo , botánico , bacteriólogo , patólogo , conservador , biólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaM.W.Lyon Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLyon Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMartha Maria Brewer Lyon (1902–)

Marcus Ward Lyon Jr., nado o 5 de febreiro de 1875 en Rock Island Arsenal (Illinois) e finado o 19 de maio de 1942 en South Bend (Indiana), foi un zoólogo especializado en terioloxía, bacteriólogo e patólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ptilocercus lowii, única especie da familia dos ptilocércidos, descrita por Lyon.
Lápida de Lyon no Arlington National Cemetery.

Temperán interese pola zooloxía[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de militares, demostrou axiña un grande interese na zooloxía, recollendo espécimes da fauna local nos arredores dos destinos do seu pai no exército.

Estudos[editar | editar a fonte]

Graduouse na universidade Brown (Providence, Rhode Island) en 1897 e continuou os seus estudos na universidade George Washington (Washington, D.C.), mentres traballaba a tempo parcial no United States National Museum (USNM).[1] En primeiro lugar foi axudante no departamento de mamíferos e profesor na universidade da cidade. Nesta universidade obtivo o seu título de doutor en medicina en 1902 e, despois, en 1913, o seu Ph. D. (doutor en filosofía).

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

O 13 de decembro de 1902 casou con Martha Maria Brewer, unión da que nacería unha filla. De 1903 a 1917 ensinou bacterioloxía, patoloxía, medicina veterinaria e parasitoloxía en diversas universidades.

Durante a primeira guerra mundial, en 1917, ingresou no exército dos Estados Unidos, servindo como patólogo no hospital Walter Reed Army Medical Center. En setembro de 1919 pasou á reserva do corpo médico co grao de maior.[2][3]

En 1919, el e a súa esposa Martha, trasladáronse a South Bend, Indiana, onde traballaron nunha clínica recentemente inaugurada, onde a súa esposa traballou como oftalmóloga. Xa antes de mudarse, Lyon publicara moitos artigos sobre mastozooloxía, durante e despois da súa permanencia no USNM. Nestes traballos describira formalmente seis especies, tres xéneros e unha familia (a dos ptilocércidos).

Unha vez en South Bend, comezou a publicar estudos médicos, pero continuando o seu traballo en mastozooloxía, con especial énfase na fauna local de Indiana, e tamén na flora deste estado. Publicou máis de 160 artigos durante a súa carreira.

Foi membro de diversas sociedades científicas, como a Asociación Americana para o Avance da Ciencia, a Washington Academy of Science, a Sociedade Ecolóxica de América, a Sociedade Americana de Mamaloxistas (na que ostentou a presidencia de 1931 a 1933),[2] a Unión Americana de Ornitólogos, a Sociedade Americana de Bacteriólogos, a Academia de Ciencias de Indiana. Máis adiante, Lyon converteuse nun conservacionista.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Lyon faleceu o 19 de maio de 1942 en South Bend, Indiana, e está soterrado no Cemiterio Nacional de Arlington.[3]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura M.W.Lyon emprégase para recoñecer a Marcus Ward Lyon como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Lyon emprégase para recoñecer a Marcus Ward Lyon como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoxe, Museo Nacional de Historia Natural do Instituto Smithsoniano.
  2. 2,0 2,1 Layne, J. N. & Hoffmann, R. S. (1994): "Presidents". En Birney, E. C. & Choate, J. R. Seventy-five years of mammalogy (1919–1994). Special Publication Nº 11. American Society of Mammalogists. ISBN 0-935868-73-9.
  3. 3,0 3,1 Just, T. (1942): "Marcus Ward Lyon, Jr. 1875–1942". American Midland Naturalist 27 (3): ii–xv.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allen G. Debus, dir. (1968): World Who’s Who in Science. A Biographical Dictionary of Notable Scientists from Antiquity to the Present. Marquis-Who’s Who (Chicago).