Marcial García Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcial García Barros
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata

Marcial García Barros, nado en Ourense cara a 1890 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1937, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tenente de Enxeñeiros. Garda de asalto e xefe da garda de asalto de Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[1] Condenado a pena de morte foi fusilado o 28 de xullo de 1937 no Campo de Aragón.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vivía en Ourense co seu cuñado Fructuoso Manrique Martín e a súa irmá Josefa García Barros. Prometeuse en Ourense con Maruja Castilleiras Losada en abril de 1936.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 24-3-1937, p. 3.
  2. La Región, 29-7-1937, p. 3.
  3. La Región, 18-4-1936, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]