Mar y Tierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mar y Tierra
editar datos en Wikidata ]

Mar y Tierra foi unha publicación periódica, voceiro da federación nacional de industria pesqueira da Confederación Nacional do Traballo. A súa cabeceira estaba deseñada por Álvaro Cebreiro.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Veu substituír a Redención Marítima. O primeiro número, editado o 1 de xaneiro de 1932, foi impreso na Coruña e dirixido por José Villaverde Velo, coa axuda do patrón Manuel Montes. Posteriormente a súa redacción mudouse a Vigo, sendo dirixido por Manuel Fandiño Ricart, coa axuda de José Campos, Eduardo Collado, Dalmacio Bragado e o propio Manuel Montes. Na revista colaboraron militantes como Vicente Vales Lorenzo.

Distribuíase por todo o litoral español, pero tivo periodicidade irregular, por mor das dificultades económicas dos sindicatos mariñeiros, derivadas dos conflitos laborais. Mantívose até mediados de 1933.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]